Galicia contará cunha Lei de espectáculos públicos que dotará dunha maior seguridade tanto os grandes eventos como as verbenas populares

IMG_3070O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe na rolda de prensa do Consello a aprobación do Proxecto de lei de espectáculos públicos e actividades recreativas, a primeira norma autonómica que establece unha regulación global deste asunto e que dotará dunha maior seguridade tanto os grandes eventos como as verbenas populares.

“Estamos en definitiva ante un proxecto de lei cun impacto amplo e notorio, xa que estamos a falar de establecer o réxime xurídico de todos os espectáculos públicos e actividades recreativas que se celebren en Galicia” en establecementos abertos ao público, dixo. Ademais, subliñou que o texto aborda diversas esferas como a seguridade, os controis de acceso, o papel das administracións en cada caso, os horarios, o tratamento dos menores nestes eventos, a prohibición da revenda de entradas, ou mesmo as sancións no caso de que nalgún momento se produza un incumprimento.

“Este documento é consecuencia dunha longa tramitación na que participaron e foron escoitados os sectores máis representativos aos que vai dirixida”, afirmou o titular do Executivo galego.

Así mesmo, entre os principais obxectivos da nova norma, Feijóo destacou que o texto ten como fin garantir a protección e a conciliación dos distintos intereses e dereitos que comprenden un abano tan amplo como os espectáculos públicos. Neste senso, insistiu na necesidade de blindar as condicións técnicas e de seguridade máis apropiadas para protexer os dereitos das persoas que participen nun espectáculo en Galicia. Resaltou tamén que a lei garante tamén a maior protección da infancia e da adolescencia.

Feijóo explicou que se trata dunha norma moi traballada, froito do diálogo constante cos sectores implicados e que vén cubrir un baleiro histórico neste eido. Entre outras medidas, establece a potestade para os concellos de poder realizar ampliacións do horario sobre os establecidos normalmente e sancións que poden chegar ata os 600.000 euros cando un local supere o seu aforo e poida supoñer un risco para as persoas.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada