O sábado 23 de setembro, dende as 20.00 horas no Teatro Principal de Santiago de Compostela

Herdeiras, unha gran festa que honrará a memoria das mulleres

Carmen Penim culminou dous anos de traballo e agora presenta o libro-CD e o espectáculo

Penim_2

Carmen Penim, autora da música e coordinadora do proxecto, pon a voz na presentación.

 

Carmen Penim culminou dous anos de traballo e agora presenta o libro-CD e o espectáculo nunha primicia única, con cinco mulleres no escenario. O espectáculo terá lugar o sábado 23 de setembro, dende as 20.00 horas no Teatro Principal de Santiago de Compostela

Carmen Penim, autora da música e coordinadora do proxecto, pon a voz; Carmen Gallego- violín e nickelharpa; Marta Figueiredo, a percusión; Margarida Mariño, co violoncello e Xiana Vilas, danza. Ó piano, Maurizio Polsinelli.


Será unha gran festa que honrará a memoria destas mulleres que xa habitan para sempre neste libro, este CD e na curta de Margarita Ledo, que tamén se proxecta no medio do espectáculo.  O concerto conta co patrocinio da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago. A entrada custa 5 €.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada