Estrea de Herdeiras, un proxecto sobre as mulleres e a memoria, no O Teatro Principal de Santiago de Compostela

No espectáculo participarán, ademais da propia Carmen, as músicas Carmen Gallego, Margarida Mariño, Marta Figueiredo, a bailarina Xiana Vilas e o pianista Maurizio Polsinelli

Carmen PenimA presentación de Herdeiras, o último traballo da artista Carmen Penim, que se estreará no Teatro Principal da cidade o vindeiro sábado 23 de setembro ás 20.00 h. pesentouse este mércores no Concello de Santiago de Compostela.

A entrada terá un prezo de 5€ e no espectáculo participarán, ademais da propia Carmen, as músicas Carmen Gallego -violín-, Margarida Mariño -violonvello-, Marta Figueiredo -percusión-, a bailarina Xiana Vilas e o pianista Maurizio Polsinelli. Alén disto, tamén se poderá visionar Bucle, a curtametraxe que Margarita Ledo Andión fixo para o proxecto.

SOBRE AS MULLERES E A MEMORIA

Herdeiras é un libro-CD (poemas musicados e artigos  e un audiovisual) no que colaboran as herdeiras e herdeiros (netas e netos e fillas) de represaliados na época da guerra e a posguerra; e as principais intelectuais e poetas de Galicia que produciron obras sobre este tema. Herdeiras fala de muller e dereitos, fala da construción da identidade, da visibilización, do sentido de herdanza, recuperando historias de mulleres resistentes e solidarias, represaliadas ás veces só por ter loitado por dereitos que hoxe consideramos obvios. Pero tamén fala de memoria, porque o esquecemento non trae a paz serena que queremos, porque non nos queremos repetir e queremos sentirnos orgullosas de ser netas e fillas de mulleres fortes e dignas. 

O novo proxecto no que 2naFronteira musica poemas de mulleres poetas actuais conta co apoio da Consellería de Cultura. Valentín García acompañou a Carmen Penim na rolda de prensa de presentación.

O novo proxecto no que 2naFronteira musica poemas de mulleres poetas actuais conta co apoio da Consellería de Cultura. Valentín García acompañou a Carmen Penim na rolda de prensa de presentación.

Con máis dunha vintena colaboradoras e colaboradores- con artigos, música, poesía e cine- este Herdeiras supón unha única homenaxe ás mulleres do período da guerra e a posguerra. Este libro-disco Queremos tamén lembrar as mulleres que hoxe no mundo se atopan en situacións similares, chamando á unión e á esperanza, resaltando a nosa condición de herdeiras e herdeirosdesa forza e valor das mulleres humildes, que foron heroínas anónimas, represaliadas ás veces só por defender dereitos sociais e feministas esenciais.

Neste libro-disco, poderá escoitarse a música de Carmen Penim sobre poemas de Helena Villar, Carmen Blanco, Eva Veiga, Marga do Val e Marta Dacosta, ademais de letras da mesma Carmen. A parte do libro conta cunha fermosa gráfica (Númax), fotografía de Xoán Piñón e artigos breves sobre as protagonistas: as mulleres que sobreviviron e resistiron.

Carmen Penim. Quen é?

Carmen Penim é a cantante co fundadora do dúo ítalo-galego 2naFronteira, e verdadeiro motor do mesmo. Dende o 2011 leva editado e producido os catro discos desta agrupación, coa súa pequena produtora, basada no tesón e só nunha economía familiar. Nos seus discos a cultura, a lingua e a literatura galegas son centrais.

A crítica e o público aprezan sobre todo o seu eclecticismo e calidade musical, e as súas composicións con poemas galegos contemporáneos e clásicos, que van dende o jazz ás raíces galegas (tanto populares como cultas) con influencias de músicas do mundo. As composicións de Carmen caracterízanse por unha grande sensibilidade e empatía para coas historias heroicas e simples das xentes do pobo galego. Participa coa súa música a cotío con causas solidarias de recollida de alimentos ou fondos. Así foi como chegou a coñecer as historias das mulleres no 36, cando comezou a guerra civil en España e se sucederon anos de terror, morte e represión

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1