O Plan de financiamento 2016-2020 garante a suficiencia, a equidade e a eficiencia da universidade, asegura Valeriano Martinez

Valeriano Martínez clausurou as XXX Xornadas de Xestión Universitaria, organizadas pola Universidade de Vigo.

Valeriano Martínez clausurou as XXX Xornadas de Xestión Universitaria, organizadas pola Universidade de Vigo.

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, destacou hoxe que o Plan de Financiamento 2016-2020 garante a suficiencia dinámica das Universidades, a súa equidade institucional transparente e neutral, e a eficiencia na asignación dos seus recursos en función dos resultados.

Así o expuxo durante a clausura das XXX Xornadas de Xestión Universitaria, organizadas pola Universidade de Vigo (UVIGO), onde tamén subliñou que o novo plan achega un total de 2.480 millóns de euros, un 17,8% máis que o anterior. Segundo explicou, este plan favorece a estabilidade a medio prazo para que as universidades conten cun respaldo financeiro para atender as súas necesidades básicas e a toma de decisións estratéxicas.

Durante a súa intervención, o titular de Facenda sinalou que se trata dun “modelo para a Universidade do século XXI”, orientado á obtención de resultados contrastables nos ámbitos fundamentais da actividade universitaria, como son a docencia, a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico, a transparencia do coñecemento e a innovación.

Neste sentido, subliñou que para ser competitivas, as universidades deben ampliar a captación de recursos e diversificar as súas fontes de financiamento de xeito que aumente progresivamente a porcentaxe que representan nos seus ingresos os fondos alleos ao financiamento público.

NOVIDADES PLAN

Entre as novidades que introduciu este Plan destaca o reparto máis simple e transparente dos recursos; a primacía da eficiencia na xestión; e a aposta polo incremento do peso do financiamento vinculado aos resultados de investigación, co obxectivo de que no ano 2020 representen o 40% dos fondos asignados.

Trátase, en definitiva, dun marco de financiamento maduro para modernizar as universidades galegas a medio prazo, cunha planificación de estratexias orientadas a facilitar a súa converxencia cas universidades tanto dos sistema español como a nivel internacional, explicou o conselleiro de Facenda.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada