Carmen Pením, artista que acaba de presentar Herdeiras, “A miña mensaxe á muller é non compitades, senón unir esforzos e seremos coma unha onda”

Interpretou xunto con Marta Figueiredo, batería e percusión; Carmen Gallego, violín; Margarida Mariño, Violoncello, o pianista Maurizio Polsinelli e a bailarina e coreógrafa, Xiana Vilas

Carmen Penín rematou o espectáculo deste sábado no Teatro Principal de Santiago co tema Nana para Elas, con letra dela mesma, que interpretou acompañada das súas músicas (Marta Figueiredo, batería e percusión; Carmen Gallego, violín; Margarida Mariño, Violoncello) e a bailarina e coreógrafa, Xiana Vilas.

Carmen Penín rematou o espectáculo deste sábado no Teatro Principal de Santiago co tema Nana para Elas, con letra dela mesma, que interpretou acompañada das súas músicas (Marta Figueiredo, batería e percusión; Carmen Gallego, violín; Margarida Mariño, Violoncello) e a bailarina e coreógrafa, Xiana Vilas.

A Carmen Penim impórtanlle, e moito, “todas as mulleres do mundo/unindo as nosas mans/para orar xuntas á terra/buscando as nosas irmás”, tal como se recolle nuns versos na solapa do libro Herdeiras.  Para subliñalo, Pením rematou o espectáculo deste sábado no Teatro Principal de Santiago co tema Nana para Elas, con letra dela mesma, que interpretou xunto coas súas músicas (Marta Figueiredo, batería e percusión; Carmen Gallego, violín; Margarida Mariño, Violoncello) e a bailarina e coreógrafa, Xiana Vilas. O tema dicouno ás mulleres hispanoamericanas e ás árabes “polo que se está a cocer no mundo hoxe”, apostilou.

O seu libro e CD (con 9 cancións e unha curta da cineasta Margarita Ledo Andión) “é unha criatura que acaba de ver o público” e que para ela compensa e fai esquecer  todos os esforzos realizados.

Pením concibe a “Historia” como algo “para entender o que somos hoxe”. Por  iso “rescatei antigos sentimentos”.  Esta “luz” arroxada sirve tamén “ás mulleres que agora viven isto” doutras formas.

Entre as historias de Herdeiras, Carmen Pením, sinala a que relata nun artigo do libro Xesús Alonso Montero, ex presidente da Real Academia Galega. Unha muller represaliada no cárcere que finxiu estar grávida coa solidariedade do médico que visitaba a prisión e as súa compañeiras de cela. E que rematou finxindo un aborto. Deste xeito, librábase da condena a morte e pasaba á de cadea perpetua. Logo, conta Pením, tivo a valentía de escribir ao  presidente de EEUU, Eisenhower, protestando pola ditadura en España.

Máis que o xénero muller –afirma Carmen Pením- valora a idea de “persoa, que camiña ao lado doutras”, sen facer “diferenzas” (como facemos hoxe coa procedencia, critica).  “Somos complementarios”. “O xénero non é motivo para facer diferenzas”, aclara.

Sobre Herdeiras admite que ten unha carga conceptual. Cada un dos cinco primeiros temas visibiliza unha historia real. A partir da sexta canción hai máis simbolismo e a identidade é a chave.

“Cada tema ten algo que dicir”.  Pero se tivese que escoller un, sinala o da poeta Marga do Val, Noticia da Cidade da Lúa Transparente. Entre outras razóns, porque é un tema difícil de cantar e a poeta “conta ben” a historia, afastándose do “patetismo” e sen esquivar “o cru” e a “dureza”.

Outro tema preferido de Pením en Herdeiras é o derradeiro, Nana Para Elas, letra dela mesma. “A miña mensaxe á muller é non compitades,  senón unir esforzos e seremos coma unha onda”, certamente, imparable.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1