O doutor Luís Rodríguez Míguez inaugura o curso da Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia cunha conferencia

Dr. MiguezMañá luns, 23 de febreiro, inaugúrase o curso da Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia. Será ás 18:30 horas, no edificio docente Roberto Novoa Santos, anexo ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. No marco deste acto, o doutor Luís Rodríguez Míguez, codirector da Cátedra, pronunciará a conferencia inaugural, na que fará un percorrido pola historia do termalismo na comunidade galega.

 

Ao acto asistirán o director da Cátedra e decano da Facultade de Medicina da USC, o doutor Juan Gestal Otero; xunto co xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Benigno Amor; e a coordinadora do programa, a doutora Dolores Fernández Marcos. Acudirán ademais directores médicos de diferentes establecementos termais da comunidade.

 

A Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia leva dende o ano 2010 formando a futuros médicos neste eido, algo máis dun centenar cada curso. Ademais das clases teóricas, os alumnos teñen a oportunidade de realizar prácticas en balnearios galegos, o que lles permite coñecer como os facultativos dos establecementos termais aplican diferentes técnicas para o tratamento de enfermidades e doenzas diversas.

 

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada