O grupo Remember Queen, en Vigo

QueenRemember Queen, o grupo tributo á mítica banda británica Queen, crea a sensación de estar a ver a Queen en vivo, grazas a que os integrantes do espectáculo ocupan a formación exacta que tiña o grupo inglés sobre o escenario, utilizando dez cambios de vestiario, ademais de incluír no show un soporte visual cos vídeos da agrupación.

Sobre o escenario, o mellor dobre de Freddie Mercury do mundo, Piero Venery. No papel de Brian May, Vito Damatteis sabe plasmar á perfección o seu papel sendo un excelente guitarrista. Como Roger Taylor, Roberto D’Amicis, un excelente batería que, ademais, interpreta un dos temas máis aclamados da banda. E por último, Giorgino de Nigris no papel de John Deacon.

Unha homenaxe a Queen, á súa música e á emblemática figura do seu líder que xa viron máis de 500 000 espectadores e que leva colgado o cartel de «completo» en practicamente todas as súas actuacións.

No Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) albergará mañá sábado 30 de setembro, ás 20.30 horas.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada