As XII Xornadas de Teatro Afeccionado Fegatea e o FETTA fan Sada epicentro do teatro amador

Bradoiro xestion cultural

Bradoiro xestion cultural

As XII Xornadas de Teatro Afeccionado Fegatea e o FETTA (Festival de Teatro Transfronteirizo) celébranse no Auditorio Pintor Lloréns do Concello de Sada, os días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro .

Nestas xornadas conxúganse varias das principais actividades da Fegatea: as representacións teatrais, o debate sobre o teatro amador en calquera das súas facetas, a convivencia das persoas que se adican a  esta arte, a formación a través das leituras dramatizadas nas tres linguas: Galego, Castelán e Portugués e o intercambio con outras realidades semellantes de Castela e León e  o veciño Portugal.

A Federación Galega de Teatro Afeccionado agradece a colaboración na celebración destas xornadas á Xunta de Galicia, Concello de Sada, Concellería de Cultura de Sada, á directora do instituto Camões (sede de Vigo), á Revista Galega de Teatro e ás persoas intervintes na mesa de  traballo.

Ao longo destes tres díasdesenvolverase “un programa apretado e cheo de actividade”, segundo a organización:

VENRES 29 DE SETEMBRO:
– 17:30 H.: RECEPCIÓN DE PARTICIPANTES

– 18:00 H.: OBRADOIRO DE “XESTIÓN CULTURAL”. RELATOR: DIEGO VÁZQUEZ MEIZOSO.

– 20:00 H.: ACTUACIÓN TEATRAL (FETTA). GRUPO FAUNA 113: “DEUS. UNHA COMEDIA”.

– 22:00 H.: CEA DE RECEPCIÓN

 

SÁBADO 30 DE SETEMBRO:

MAÑÁ

– 10:00: MESA DE TRABALLO PLATTA.

 COMEZO DAS LECTURAS DRAMATIZADAS DE XEITO SIMULTÁNEO.

NOS OBRADOIROS DIRIXIDOS POR ALEJANDRO ALBAICETA (DIRECTOR DO GRUPO AXÓUXERE DE OLEIROS) E VANESA SOTELO (DIRECTORA DA REVISTA GALEGA DE TEATRO) PARTICIPARÁN MEMBROS DOS GRUPOS DA FEGATEA, ASÍ COMO DO GRUPO DO INSTITUTO CAMÕES.

12:00: VISITA GUIADA Ó CONCELLO DE SADA. LECTURAS DRAMATIZADAS CONTINUARÍAN TRABALLO.

– 14:30: XANTAR

TARDE

 - 16:00: MESA DE TRABALLO: “FUTURO DO TEATRO AMADOR”.

INTERVIRÁN:

  • CHELO PAMPILLÓN. PRESIDENTA DA FEGATEA: PAPEL DA FEGATEA NO FUTURO DO TEATRO AMADOR
  • PAULA SUÁREZ. ENFERMEIRA ESPECIALISTA EN SAÚDE MENTAL: O TEATRO COMO TERAPIA EN PACIENTES CON TRANSTORNO MENTAL GRAVE
  • SILVIA FREIRE. DOUTORA EN SOCIOLOXIA E INVESTIGADORA SOCIAL ESPECIALIZADA EN VIOLENCIA DE XÉNERO: TEATRO AMADOR DENDE A VIOLENCIA DE XÉNERO.
  • ROBERTO PASCUAL, PROFESOR DA ESAD E REPRESENTANTE DA ASOCIACIÓN DE FESTIVAIS (AFEARTE): PROXECTO DE LEI DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

 CONTINUACIÓN DO TRABALLO DAS LECTURAS DRAMATIZADAS.

– 17:30: TEMPO DE LECER.

– 18:00 : FESTIVAL FETTA. TEATRO 4 (CASTELA E LEÓN): “LIGAZÓN & LA ROSA DE PAPEL”

– 20: 30: ACTUACIÓN DA COMPAÑÍA MUNICIPAL DO CONCELLO DE SADA, COA OBRA: “O ACHADO DO CASTRO”.

– 22:00: CEA DE CONVIVENCIA

DOMINGO 1 DE OUTUBRO:

– 12 HORAS: POSTA EN ESCEA DAS LECTURAS DRAMATIZADAS NO AUDITORIO PINTOR LLORÉNS DE SADA.

– 14:30: COMIDA

–  16:00: TEMPO DE LECER.

– 18:00: PECHE DAS XORNADAS COA ACTUACIÓN TEATRAL DO GRUPO MAX TEATRO. “COUSAS DE MATRIMONIO”

 

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada