O relato 1972, de María Rodríguez, gañador do IV certame de Relatos Vigo Histórico

IMG_3316

Varela Portela, o xornalista Jacobo Buceta; a filóloga e poeta Patricia Meira, a xornalista Noelia Otero Lago, e o profesor e escritor Julio Alonso.

O relato 1972, de María Rodríguez, é o gañador da cuarta edición do Certame de Relatos Vigo Histórico, organizado pola Editorial Elvira e patrocinado polo Concello de Vigo e a empresa Tressis. O segundo premio foi para O vento e as formigas, de Marcos López Concepción. Unha das características dos premiados e accésits deste ano é que todos eles son de autores de Vigo e comarca.

No día de hoxe celebrouse unha rolda de prensa para dar a coñecer a resolución do xurado. No acto informativo participaron o alcalde de Vigo, Abel Caballero; o editor da

Editorial Elvira, Javier Romero, a representante de Tressis, Isabel Alonso, e o xornalista Jacobo Buceta, como membro do xurado, que foi o encargado de dar a coñecer os premios. Curiosamente no salón de actos se atopaba a gañadora do certame e varios dos accésits, polo que se viviron momentos de moita emoción e ledicia.

O alcalde Abel Caballero destacou que a literatura é unha forma excepcional de vivir e de facer vivir a aquelas persoas que leen o que escribiches e, despois de felicitar aos gañadores, recordou que “é importante gañar, pero moito máis, o feito de que te publiquen o teu relato”.IMG_3310

Pola súa banda, Javier Romero manifestou que a editorial está encantada coa resposta que están a recibir por parte dos autores noveis e que “nese sentido, xa estamos máis que recompensados”. Ademais, asegurou que “o certame está consolidado e xa pensamos na edición do próximo ano, no que volveremos a ter novidades”.

A  representante  de  Tressis,  Isabel  Alonso,  deu  as  grazas  á  editorial  Elvira  por  “permitirnos colaborar nesta iniciativa cultural, xa que a aposta pola cultura forma parte da responsabilidade social corporativa da nosa empresa”.

NOVIDADES

 A principal novidade da edición deste ano foi o feito de que Vigo tiña que ter un papel protagonista no relato e isto, posiblemente, veuse reflectido na procedencia dos mesmos, xa que aumentaron de forma significativa os enviados dende a cidade viguesa, mentres que descenderon os procedentes doutros países. Aínda así, houbo relatos procedentes de Santo Domingo, Chile, Cuba, Arxentina, Perú, México,

Ecuador, Venezuela, Colombia ou Holanda. Ademais, chegaron escritos de toda a península ibérica (Madrid, Barcelona, Zaragoza, Sevilla, Granada, Valencia, Oviedo, Mérida, Cidade Real…) e de case calquera punto de Galicia (Vigo, Ourense, A Coruña, Lugo, O Porriño, Carballiño, Catoira, Gondomar, Cangas…)

Ademais hai que destacar o importante crecemento do número de relatos escritos en galego, consolidando unha dinámica que xa se estaba a apreciar ano a ano. Así, dos 166 relatos admitidos dos case 200 enviados, 50 foron escritos en galego, é dicir, aproximadamente un terzo. En canto a xénero, cada vez hai máis igualdade (case ao cincuenta por cento) e curiosamente no caso dos escritos en galego, hai máis autoras mulleres que homes (dos cincuenta presentados, trinta son de mulleres).

A segunda novidade desta cuarta edición foi a creación dun segundo premio, xa que nas tres primeiras edicións só había un gañador e cinco accésits. Desta forma, nesta oportunidade hai un primeiro premio de mil euros para o gañador, un segundo premio de 500 euros  e 4 accésits de 200 euros cada un.

O xurado desta edición conta cunha cara nova e moi destacada, xa que se incorporou ao mesmo a escritora Ledicia Costas (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil). Xunto a ela, o pintor Antón Pulido, o editor Bieito Ledo, a filóloga e mestra Concepción

 

RELATOS PREMIADOS IV CERTAME VIGO HISTÓRICO

 

Primeiro premio 1972 María Rodríguez Pérez
Segundo premio O vento e as formigas Marcos López Concepción
Accésits A pel do corazón Franciso Javier Fernández Davila
A maleta de Schrödinger Eduardo M. Campos Coello
Felpeto Mónica Patricia Muñoz Sobrino
Los ladrones de paraguas Rolando Benegas Giménez

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada