Santiago xa ten unha guía ilustrada das igrexas da cidade

A publicación está editada en galego, castelán, inglés e alemán.

A publicación está editada en galego, castelán, inglés e alemán.

O Consorcio de Santiago e El Patito Editorial acaban de publicar a Guía ilustrada das igrexas de Santiago de Compostela, con textos da historiadora Marta González e ilustracións do gaditano Joaquín González.

A publicación preséntase mañá xoves, 5 de outubro, na Fundación Torrente Ballester, ás 19.00 horas. Ao acto asistirá o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o responsable de publicacións do organismo interadministrativo, Juan Conde; a autora dos textos, Marta González; xunto á editora de El Patito Editorial, Gemma Sesar.

A publicación reúne un total de 19 templos emblemáticos da cidade. Todos eles teñen en común que están situados no centro histórico de Compostela, contan cunha historia relevante e, ademais, posúen unha arquitectura salientable. A guía está editada en galego, castelán, inglés e alemán.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
2