Salvaterra prepara a documentación de danos polos lumes para conseguir a declaración de Zona Castastrófica

Informa á poboación para que os afectados se comuniquen co propio Concello

Foto Patricia Álvarez.

Veciños de Soutolobre, parroquia de Salvaterra de Miño, axudándose contra o lume. Foto Patricia Álvarez.

O Concello de Salvaterra de Miño solicita, con carácter urxente, a declaración de Zona Catastrófica no Concello e en todas as zonas afectadas en Galicia polos diversos incendios, á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado. Ademais pídelle que poñan en marcha, o antes posible e de forma áxil os mecanismos de axudas para os afectados e afectadas desta gran catástrofe.

Salvaterra de Miño, nunha nota de prensa, comunica que “estivo asediada polos incendios durante o domingo 15 e o luns 16 de outubro, encontrándose en case todo o tempo en nivel II debido és súas  dimensións e a súa proximidade aos núcleos de poboación”.

“Incendios que deixaron centos e centos de hectáreas queimadas neste termo municipal, deixando ao seu paso danos moi importantes en vivendas, cubertos, galpóns, cortes, vehículos, tractores, montes con árbores, viñedos, terras de cultivo, apeiros de labranza, maquinaria en xeral, instalacións eléctricas e de servicio de auga, sumidoiros, sinais, danos en camiños, en pistas municipais, entre outros”..

O Concello tamén “quere recoñecer e agradecer a todas as persoas que colaboraron na extinción dos diversos focos de incendio, para evitar danos maiores”.

Os diversos incendios, “que estiveron activos durante estes dous días, deixaron un panorama desolador e devastador en gran parte do noso municipio cuxa recuperación será complicada e lenta”.

O Concello está a facer unha relación dos  danos sufridos, con visitas aos lugares dos danos, aos efectos de posibles axudas de todos os organismos oficiais, ademais de colocar “Avisos” informando a poboación para que os afectados se comuniquen co propio Concello.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1