O Consello da Xunta aprobará mañá un decreto de axudas para os afectados pola vaga de lumes dos últimos días

A este paquete de axudas irase sumando a posta en marcha doutras iniciativas relacionadas tamén cos danos ambientais

parlamento gallegoO Consello da Xunta de Galicia aprobará mañá xoves un Decreto de axudas para os afectados pola vaga de lumes ocorrida a pasada fin de semana.

Tal e como xa avanzou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o Goberno galego xa está a traballar coa primeira prioridade de ofrecer todo o apoio que precisen as persoas que perderon a súa vivenda habitual.

Así, poñeranse en marcha medidas para prestar asesoramento ás familias para orientalas e acompañalas nos trámites pertinentes e habilitaranse axudas económicas para reconstruír e recuperar as vivendas habituais no menor tempo posible.

A este paquete de axudas para reparar os principais danos patrimoniais ocasionados, iranse sumando outras iniciativas relacionadas, por exemplo, cos danos ambientais. Nesta liña, unha das accións será minimizar o impacto que poden ter os lumes nas rías, para o que o Executivo galego xa está a cartografiar os lugares que presentan maior risco de erosión, así como definindo as técnicas correctoras a aplicar.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada