As primeiras estimacións provisionais indican que arderon preto de 35.500 hectáreas de superficie esta fin de semana

7A Xunta traballa intensamente na cuantificación dos danos tanto persoais como ambientais ocasionados pola actividade incendiaria que asolou a nosa Comunidade desde o pasado domingo. Estas primeiras estimacións permitirán determinar que actuacións é preciso adoptar para brindar ás persoas que perderon as súas vivendas habituais todo o apoio necesario e iniciar as tarefas de recuperación e rexeneración do medio natural.

A estimación provisional da que se dispón ata este momento é de arredor de 35.500 hectáreas de superficie afectada durante a pasada fin de semana. Unha cifra á que haberá que engadir as 12.600 ha que arderan ata ese momento.

*Datos de incendios dos últimos anos (período 1 de xaneiro-18 de outubro):

 INCENDIOS
SUPERFICIE
2005
11.785
56.590,8
2006
6.948
95.880,4
2007
1.822
3.038,3
2008
2.433
6.200,7
2009
3.895
10.557,5
2010
3.691
14.545,2
2011
5.845
38.168,9
2012
3.776
15.546,5
2013
3.343
18.420,3
2014
1.190
1.909,3
2015
2.744
11.535,2
2016
2.213
20.788,1

O Consello da Xunta aprobará mañá un paquete de axudas que incluirá achegas para reconstruír e recuperar as vivendas habituais, o antes posible, e medidas de asesoramento legal para orientar aos afectados e aos seus familiares cos trámites necesarios.

O exemplar traballo da totalidade dos efectivos que integraron o operativo antiincendios permitiu que arestora ningún lume permaneza activo e evitou que tiveramos que lamentar consecuencias maiores as xa vividas.

O Goberno galego lamenta profundamente a perda de vidas e traslada aos seus familiares as súas condolencias e todo o seu pesar. Tamén fai un chamamento á unidade da sociedade na loita contra esta lacra e reitera a súa condena firme e enérxica a actividade incendiaria, agardando que sobre os responsables deste terrorismo incendiario recaia todo o peso da lei.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada