Presentación de Respirar, o novo álbum de Andrea Pousa

Andrea Pousa.

Andrea Pousa.

A cantante Andrea Pousa presentará o seu novo traballo, Respirar, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). O recital terá lugar mañá xoves 26 de outubro a partir das 21.00 horas.

Andrea Pousa estudou durante máis de dez anos canto e interpretación e foi membro do grupo vocal feminino vigués de arte creativa Sueño de Calíope. No ano 2014 funda Queima e Pousa, empresa de espectáculos comprometida coa Cultura Atlántica. Actualmente é a voz principal de Keltia, el musical, un espectáculo de temática celta e romana que trata o contacto coa natureza, a tradición e a esencia destas culturas.

Respirar é o primeiro álbum en solitario de Andrea Pousa, formado por temas de diversos estilos que mesturan lirismo, tradición e vangarda en galego, castelán e portugués. Todas elas son cancións orixinais excepto unha innovadora versión de Negra sombra de Rosalía de Castro.

Producido polo compositor e músico Nani García, trátase dun traballo elaborado con moito gusto que sabe sacar a verdadeira esencia de Andrea Pousa, cunhas calidades musical e artística moi sofisticadas.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada