A Xunta dedicará unha partida de 9 millóns de euros para consolidar o crecemento do polo tecnolóxico de Rozas e o sector aeronáutico

O presidente da Xunta, xunto ao secretario de Estado de Defensa e presidente do INTA, Agustín Conde, visitou o Centro de Investigación Aeroportada de Rozas.

O presidente da Xunta, xunto ao secretario de Estado de Defensa e presidente do INTA, Agustín Conde, visitou o Centro de Investigación Aeroportada de Rozas.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este mércores unha partida de 9 millóns de euros nos orzamentos do vindeiro ano para consolidar o crecemento do polo tecnolóxico de Rozas e o sector aeronáutico en Galicia.

Durante unha visita ao Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR), xunto ao secretario de Estado de Defensa e presidente do INTA, Agustín Conde, Feijóo aseverou que facer crecer o polo tecnolóxico de Rozas significa: facer crecer a industria galega a través da innovación e a tecnoloxía; facer crecer a formación e o emprego cualificado; e facer crecer a provincia de Lugo e a de Ourense, “onde non só queremos que o rural e o sector primario sexa unha fonte de emprendemento, senón tamén iniciativas como a de Rozas”.

Sobre este punto, precisou que 2018 será o ano no cal o presuposto de innovación crecerá como en ningún outro exercicio, un 26%, máis de 16 millóns de euros.

Feijóo aproveitou a visita para facer un balance do que foron estes dous anos e para avaliar novos obxectivos comúns cara ao futuro. Con este obxectivo, resaltou que proximamente se construirán os hangares para contribuír á consolidación da actividade e se desenvolverá un plan director para prever o desenvolvemento futuro da área do CIAR.

Ao longo da súa intervención, o titular do Goberno galego destacou tamén que as empresas e centros de coñecemento galegos xa están empezando a comercializar algúns dos produtos derivados dos seus contratos cos socios estratéxicos e industriais de Rozas. “E tamén nos próximos meses, poñerase en marcha unha aceleradora para proxectos aeroespaciais, a Business Factory Aeronautic, que estará situada no edificio da antiga residencia de Lugo”, precisou.

Así mesmo, subliñou que nesa aposta polo talento e co obxectivo de que o proxecto de Rozas tivese un impacto na oferta de cursos de FP e no mapa de titulacións do sistema universitario galego, desde 2016, o CIPF As Mercedes de Lugo imparte o ciclo superior de mantemento aeronáutico cun grande éxito de acollida. E, desde este curso, o Campus de Ourense ofrece o grao de Enxeñaría Aeroespacial, que espertou un enorme interese entre os estudantes, coa nota de corte máis alta da Universidade de Vigo.

BALANCE E PROXECTOS

Feijóo salientou que ata o de agora, as diferentes actuacións postas en marcha no polo tecnolóxico de Rozas mobilizaron 150 millóns de euros; conseguiron captar a atencións de máis de 200 empresas de diferentes partes do mundo; e xeraron emprego a través dos 17 contratos xa firmados con empresas e centros de coñecemento galegos que colaboran con esta iniciativa.

O responsable do Executivo autonómico precisou que desde que Indra e Babcock, dúas grandes multinacionais da industria aeroespacial, foron seleccionadas como socios tecnolóxicos e industriais neste proxecto, se desenvolveron nestas instalacións 20 proxectos conxuntos para a fabricación de avións non tripulados para uso civil.

Uns traballo que, ata o momento, deixan avances tan importantes como o Targus, o maior dron civil de fabricación española que deseña Indra para axudar en campos como a loita contra incendios ou a protección do medio mariño. Os tres prototipos, en fase de ensaios, de Babcock, da aeronave Lúa, un helicóptero non tripulado capacitado para facer voos nocturnos; ou o helicóptero Lumes, unha versión do anterior pero de maior tamaño e capacidade.

En total, 30 empresas e centros de coñecemento galegos participan no desenvolvemento destes proxectos.

De xeito paralelo ao traballo que realizan Indra e Babcock, e co obxectivo de obter máis propostas innovadoras para que o uso de avións non tripulados teña un maior impacto nos servizos públicos, abriuse tamén unha convocatoria co resultado de 80 consorcios ou UTES, formados por máis de 150 empresas e centros de coñecemento, que se presentaron ás oito licitacións publicadas ata o momento.

Así, a planificación urbanística, o salvamento marítimo e a seguridade da flota pesqueira, a calidade das augas ou a xestión forestal, son algúns dos ámbitos nos que traballan para aplicar as novas tecnoloxías que se deseñen.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada