O pianista turco Fazil Say interpretará unha obra súa e outra de Mozart

pianista2

Fazil Say, dende hai máis de vintecinco anos, artista polifacético, ocupa un lugar moi destacado nos circuítos musicais internacionais.

A Real Filharmonía de Galicia celebra o seu concerto semanal no Auditorio de Galicia este xoves, 26 de febreiro, ás 21:00 horas. Nesta ocasión dirixirá a orquestra o mestre valenciano Rubén Gimeno, actual director titular da Orquestra Sinfónica do Vallés (Sabadell). Durante seis anos foi director artístico da Xove Orquestra da Sinfónica de Galicia, labor que simultaneou co posto de violinista da Orquestra Sinfónica de Galicia.

 

A cita musical comezará co Concerto para piano nº 12 de Mozart (1756-1791). De seguido a orquestra interpretará o Concerto para piano e orquestra de cordas nº 2 “Silk Road” do pianista e compositor turco Fazil Say (1970). Estas dúas obras para piano estarán protagonizadas polo propio Fazil Say. O xornal francés Le Figaro dixo del que “non é unicamente, con todo merecemento, un xenial pianista; sen dúbida vaise converter nun dos maiores artistas do século XXI”.

 

A xenialidade de Fazil Say ao piano

 

Dende hai máis de vintecinco anos este artista polifacético ocupa un lugar moi destacado nos circuítos musicais internacionais. A súa peculiar forma de presentación contrasta co habitual ambiente do mundo da música clásica e non deixa ao público indiferente. Toca coas orquestras e os directores máis prestixiosos de América e Europa, abordando un vasto repertorio que engloba dende Bach ata a música máis contemporánea. Como compositor ten escrito obras para piano, frauta, clarinete, trompeta, violín ou guitarra, música de cámara, cancións, ballets e partituras para teatro e cine.

pianista

A cita musical comezará co Concerto para piano nº 12 de Mozart (1756-1791). De seguido a orquestra interpretará o Concerto para piano e orquestra de cordas nº 2 “Silk Road” do pianista e compositor turco Fazil Say (1970). Estas dúas obras para piano estarán protagonizadas polo propio Fazil Say.

Homenaxe da Chaikovski a Mozart

 

O concerto concluirá coa Suite nº 4 “Mozartiana” do compositor ruso do Romanticismo Piotr Ilyich Chaikovski (1840-1893). Escribiuna en 1887 como unha homenaxe a Mozart, con motivo do centenario de Don Giovanni, e el mesmo dirixiu a súa estrea en Moscú.

 

O público poderá manter unha charla previa co director

 

Antes da celebración do concerto, o director Rubén Gimeno manterá unha charla previa cos asistentes á cita musical. Será ás 20:15 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Esta iniciativa enmárcase dentro da experiencia “CONvers@ndo con”, que promove a Real Filharmonía de Galicia antes de cada concerto, coa finalidade de achegar a música ao público de maneira informal e distendida. Poderase participar neste encontro presentando a entrada do concerto.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

Etiquetas: