A Xunta dedicará 1.569 millóns de euros a investimentos

O conselleiro de Facenda explicou na Comisión 3ª do Parlamento as contas do vindeiro 2018, que medran un 2,9% e esgotan o teito de gasto de 9.487 millóns.

O conselleiro de Facenda explicou na Comisión 3ª do Parlamento as contas do vindeiro 2018, que medran un 2,9% e esgotan o teito de gasto de 9.487 millóns.

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, informou hoxe de que a Xunta dedicará 1.569 millóns de euros a investimentos no ano 2018, co obxectivo de Galicia siga liderando o esforzo investidor en España. De feito, este apartado medra un 6,6% en comparación co orzamento vixente, o que permitirá contar con 97,2 millóns máis para impulsar novos proxectos e continuar os xa en marcha.

O titular de Facenda compareceu esta mañá na Comisión 3ª do Parlamento para informar do proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade autónoma para 2018. As contas medran un 2,9% e esgotan o teito de gasto de 9.487 millóns de euros aprobado pola Cámara no verán. En conxunto, permitirán á Xunta contar con 331 millóns de euros máis para reforzar o gasto social, os investimentos, a innovación e a creación de emprego.

Na súa intervención, Valeriano Martínez destacou que Galicia “é a única comunidade autónoma coa certeza de que o vindeiro ano terá orzamentos en prazo”, dada a situación de estabilidade económica e institucional. Ademais, é o orzamento máis alto desde o ano 2010, polo que Galicia disporá de 1.100 millóns de euros máis en relación ás contas de 2015.

O aumento da capacidade de gasto en 2018 permitirá, en primeiro lugar, reforzar o gasto social con 202 millóns. Nas contas mantense o impulso ás políticas sociais co obxectivo de acadar un crecemento integrador, destinando 369 millóns á dependencia para chegar a atender a 60.000 persoas. No eido sanitario, o gasto medra en 129 millóns para reforzar unha sanidade pública e de calidade, e no educativo apóstase pola mellora dos centros educativos, a modernización do ensino e pola universidade, que disporá de 421 millóns.

Entre as prioridades da Xunta seguirá estando a creación de emprego e a mellora do mercado laboral galego. O obxectivo é crear no 2018 uns 17.500 novos postos de traballo polo que o Goberno galego reservará 246 millóns de euros para a promoción do emprego.

Entre as prioridades da Xunta seguirá estando a creación de emprego e a mellora do mercado laboral galego. O obxectivo é crear no 2018 uns 17.500 novos postos de traballo polo que o Goberno galego reservará 246 millóns de euros para a promoción do emprego.Tamén hai unha aposta clara polo reequilibrio territorial e por iso a Xunta dedicará ás provincias orientais máis recursos per capita que ás atlánticas.

O proxecto de Lei de Orzamentos para 2018 permitirá consolidar e reforzar a recuperación económica dos últimos anos.

Para o vindeiro ano, a previsión é seguir medrando conforme ao Plan Estratéxico ata 2020 cun crecemento estimado do 2,5% -máis que España e que Europa, o que servirá para avanzar no proceso de converxencia- e que a taxa de paro siga baixando ata o 14,2%.

Para o vindeiro ano, a previsión é seguir medrando conforme ao Plan Estratéxico ata 2020 cun crecemento estimado do 2,5% -máis que España e que Europa, o que servirá para avanzar no proceso de converxencia- e que a taxa de paro siga baixando ata o 14,2%. Trátase dunha previsión prudente polos posibles efectos que poida ter a situación política e económica de Cataluña.

Ademais, os presupostos inclúen unha reserva de crédito de ata o 2% para asumir o incremento retributivo que poida fixar a Administración do Estado para o conxunto dos empregados públicos cando aprobe o seu orzamento. Pola contra, o único capítulo de gasto que baixa no Orzamento é o de xuros de débeda, grazas á cal o vindeiro ano a Xunta aforrará 65 millóns de euros, uns recursos que se poderán dedicar a todos os galegos.

IMPOSTOS

O Goberno galego manterá en 2018 as baixadas de impostos que xa están en vigor, como a do IRPF –que beneficia ao 98,5% dos contribuíntes-, a do Imposto sobre Sucesións -que supón que o 99% dos galegos non pagan este imposto cando reciben unha herdanza dun familiar directo- e o programa de impostos cero no rural. De feito, os beneficios fiscais ascenderán ata os 396 millóns de euros o vindeiro ano, o 93% deles de carácter social.

A isto engádense as novas rebaixas de impostos que se aplicarán en 2018: deducións fiscais para as persoas que invistan en terras e bens rústicos desaproveitados; ampliación das deducións para as persoas que invistan nunha Sociedade de Xestión Forestal; novas deducións para as persoas que invistan na rehabilitación de inmobles dos cascos históricos ou en actividade económicas neles, e a eliminación do Imposto de Actos Xurídicos Documentados para os que merquen solo industrial das administracións.

FUNCIONARIOS

En canto aos empregados públicos, os Orzamentos para 2018 volverán reflectir o compromiso deste Goberno na mellora das condicións de traballo dos empregados públicos. Por isto, a Administración galega vai ofertar 14.750 prazas ata 2020, a través dun plan de estabilidade pactado con tres dos catro sindicatos da mesa xeral de Función Pública.

Esta ampla oferta de prazas permitirá situar a taxa de temporalidade do emprego público no entorno do 7%, é dicir, en termos de práctica estabilidade. Ademais, inclúense melloras da conciliación da vida familiar e laboral cun aumento dos permisos de maternidade e paternidade -22 semanas retribuídas por maternidade-, a maior duración de España.

ORZAMENTOS

Finalmente, Valeriano Martínez explicou o orzamento da Consellería de Facenda, que ascende a 56 millóns de euros, o menor de todos os departamentos da Xunta. Entre os obxectivos que citou para 2018 figuran o desenvolvemento do Plan Patrimonial, que está permitindo reducir os alugueiros, impulsando novos investimentos en patrimonio propio, e a consolidación do Plan Pago 10, co obxectivo ambicioso de ter un período medio de pago non superior aos 10 días e que a Xunta xa está a cumprir.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1