O Goberno galego mobiliza 60 millóns de euros para dar un novo pulo á innovación

La conselleira del Mar visitó la empresa de transformación de productos pesqueros Isidro de la Cal. ARCHIVO.

La conselleira del Mar visitó la empresa de transformación de productos pesqueros Isidro de la Cal. ARCHIVO.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a posta en marcha da segunda edición do programa Fábrica Intelixente para dar un novo pulo á innovación como base do novo modelo industrial.

Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo precisou que esta segunda edición, que contará con algo máis de 18 millóns de euros –que se suman aos máis de 55 millóns xa achegados con este obxectivo o pasado mes de xuño-, mobilizará un total de 60 millóns de euros. En total, entre ambas as dúas convocatorias, mobilizaranse 228 millóns de euros.

Como principal novidade, o responsable do Goberno galego subliñou que nesta convocatoria se poderán beneficiar deste programa pequenas empresas, mentres que a súa primeira edición estaba destinada ás grandes e medianas compañías. E, para isto, rebáixase o limiar mínimo de orzamento dos proxectos desde 20 millóns de euros ata 4 millóns.

Cómpre subliñar que esta iniciativa arranca hoxe coa publicación no DOG dunha consulta ao mercado, que permitirá coñecer o interese que existe por desenvolver en Galicia proxectos no eido da industria 4.0. Despois, a principios de 2018, publicarase a convocatoria correspondente.

Logo de resaltar que poderán acceder ao programa Fábrica Intelixente tanto proxectos individuais como outros feitos en colaboración, Feijóo precisou que a axuda pública cubrirá entre o 25 e o 80% do orzamento do proxecto, segundo o tipo de iniciativa e de empresa.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada