Andrea Pousa, madurez artística en ‘Respirar’

bmdA cantante melódica Andrea Pousa estreou onte o seu primeiro álbum en solitario ‘Respirar’ manifestando unha gran madurez sobre o escenario do Teatro Afundación Vigo.

Pousa estivo acompañada de músicos galegos de primeira liña co seu produtor á fronte, Nani García a quen presentou con especial deferencia. Tamén destaca, entre os seis músicos, o guitarrista Calviño. Os músicos interpretaron un tema instrumental durante o breve tempo da cantante para cambiarse de vestido.

‘Respirar’, segundo o seu antigo profesor no Sueño de Calíope, José Pérez Pérez,  “son temas interesantes e ela defendeuno moi ben”.  Pérez coñécea moi ben xa que traballou con ela ao longo de 10 anos. Destaca de Andrea a súa “voz melódica cos seus agudos. Unha voz que enche…”. Pousa dixo estar emocionada pero non amosou ningunha manifestación de nerviosismo. Todo o contrario, transmitía o desfrute do concerto tema a tema.

De acordo con José Pérez, Andrea Pousa ten unha voz moi singular. Como singulares son tamén os seus movementos no escenario, nada estudados, espontáneos e “persoais. A súa posta en escena é elegante, fina, delicada”.

Andrea tivo o detalle de ‘respirar’ co seu público ao invitar, dedicar e falar dos lumes do pasado 15 de outubro, cando interpretou  o tema central do álbum para os brigadistas por extinguilos. Ademais falou de que no mundo actual non debe haber muros ou fronteiras, carecen de sentido.

Motivou os seus veciños de Tomiño cunha referencia directa a que estaban moi ben representados en gran número. Referiuse aos membros da asociación Aspanaex tamén no concerto.

Andrea foi gañando canción a canción o público. Ata o final cando un público entregado pediulle máis e ela interpretou dous temas como propina. O cheo de público tamén foi notable no Teatro Afundación Vigo.

Non faltou unha referencia ao seu “socio e compañeiro de camiño”, Enrique Domínguez, isto é Bruxo Queiman.

Andrea Pousa é unha artistaza. E desde Grupo ES., a ela e o seu equipo, desexámoslle o mellor de agora en adiante.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1