‘Cenicienta’– La Mar de Marionetas

TeatroEspectáculo preciosista que conmove ao público familiar. Para os máis pequenos, o ritmo e a sinxela, e á vez coñecida, trama supoñen grandes emocións e diversión, mentres que os maiores gozamos como nenos da beleza plástica e do recordo dunha época que xa Velázquez plasmou con maxia: o tempo de “As Meninas”.

Agora temos a posibilidade de coñecer a unha Cincenta situada no tempo de Velázquez, cunha ambientación musical e estética da época que dá pé a unha interesante caracterización do personaxe.

A música, interpretada en directo, enriquece a experiencia do teatro de marionetas. Dous músicos en escena recrean os temas clásicos do Barroco temperán español, as cancións que escoitaría Velazquez mentres pintaba o seu cadro máis emblemático.
A mesa onde se desenvolve o espectáculo é unha gran saia de “Menina” xiratoria que, co seu movemento, dá lugar a varias escenografías.

Doutra banda, a actriz-marionetista forma tamén parte da historia, tomando en varias ocasións contacto directo co público.

Teatro Escena presenta:

“Cenicienta” – La Mar de Marionetas (Madrid)

Sábado 28 ás 18:00 h e domingo 29 ás 12:30 h. OUTUBRO 2017

CON MÚSICA EN DIRECTO

Na Fundación SGAE

Título do espectáculo: Cenicienta

Nome da compañía: La Mar de Marionetas

Idades recomendadas: a partir de 4 anos

Duración: 60 minutos

Técnica: marionetas de mesa

Idioma: castelán

(Rúa das Salvadas, 2A. Parque de Vista Alegre. Santiago de Compostela)

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada