José María Ballester abriu o congreso incidindo en que o Camiño de Santiago é un itinerario relixioso, pero tamén é un ‘camiño de civilización’

Intervención de José María Ballester, ex director de Cultura, Patrimonio Cultural y Natural del Consejo de Europa Experto en Patrimonio. Fue, hasta 2005, director de Cultura y de Patrimonio Cultural y Natural del Consejo de Europa. Ha sido responsable de la proclamación del Camino de Santiago como primer itinerario cultural europeo.

Intervención de José María Ballester, ex director de Cultura, Patrimonio Cultural y Natural del Consejo de Europa. Experto en Patrimonio. Fue, hasta 2005, director de Cultura y de Patrimonio Cultural y Natural del Consejo de Europa. Ha sido responsable de la proclamación del Camino de Santiago como primer itinerario cultural europeo.

Fairway, Forum do Camiño de Santiago na xornada do luns comezaron as máis de 1.600 reunións de negocio entre turoperadores internacionais e provedores locais en formato workshop, así como as mesas de debate sobre as problemáticas das distintas rutas nas que tomaron a palabra representantes profesionais e institucionais.

Continúa aberta a feira, con máis de 60 expositores e máis de 100 marcas amosando as súas novidades e recursos. O acceso a Fairway segue sendo gratuíto, previa inscrición no seu portal web www.fairwaysantiago.com.

O congreso de Fairway conmemorou os 30 anos da súa proclamación como primeiro itinerario cultural, abordou a xestión pública do Camiño e deu a coñecer o Kumano Kodo e a Fuorivia Egnatia.

Foi unha xornada de relatores destacados como Alessandro Scafi, quen abordou na súa conferencia aspectos como en que consiste un lugar sagrado e de que xeito a xente se achega aos mesmos; presentou os resultados dunha investigación realizada durante 10 anos sobre os mesmos; e comparou a peregrinación tomada coma viaxe redentora de pecados cun destino espiritual, con aquela realizada sen arelas de devoción. Como conclusión, Scafi apuntou a  necesidade dunha xestión sensata que teña en conta tanto aos visitantes laicos como a preservación do verdadeiro “espírito” da ruta. Scafi é doutor en Historia Medieval e do Renacemento en The Warburg Institute, da Universidade de Londres.

Neste sentido precisamente expresouse o ex director de Cultura, Patrimonio, Cultural e Natural do Consello de Europa, José María Ballester, que abriu o congreso incidindo en que o Camiño de Santiago é un itinerario relixioso, pero tamén é un “camiño de civilización” que vertebra a cultura e o patrimonio de Europa. Ademais, Ballester fixo fincapé tamén na necesidade de abordar o Camiño de Santiago de forma sustentable, un traballo de xestión de fluxos ao que deben facer fronte os destinos.

Unha última xornada intensa

Mañá martes 14, Fairway apurará a súa última xornada cun programa intenso.

No congreso, a primeira sesión ás 10.00 horas, tratará sobre Accesibilidade no camiño, coa intervención de Rafael Sánchez Bargiela, xerente do Xacobeo; Jesús Hernández Galán, director de accesibilidade da ONCE; e Simón Neira Dueñas, xerente de Geozzy.com.

Tomará o relevo a mesa sobre Outros itinerarios culturais: espellos e reflexos, que compila distintas rutas europeas. En concreto, contará coas experiencias de Rosário Correia Machado, directora na Rota do Românico portuguesa ou Paolo Giulietti, presidente do consorcio Francesco´s Ways.

Ás 16:00 horas chegará a presentación de Encamiñando, a cargo de Enrique Sáez Ponte e de José Manuel Andrade, presidente e director da Fundación Juana de Vega.

Por último, ás 17.00 horas, encararanse os Retos do Camiño: da tradición á contemporaneidade; coas aportacións de Mercedes Parrado, de Pulpería Ezequiel de Melide;  Begoña Valdomar, hospitaleira no albergue de Fisterra; e Mónica e Silvana Crisóstomo, de Ideas Peregrinas Pilgrim Store.

As mesas de debate centraranse en Investir no Camiño: Camiño Portugués, dende as 16:00 horas; e en Marca Galicia Marca Camiño: Camiño de Fisterra-Muxía, a partir das 18.00 horas.

Presentacións a medios de comunicación
Non faltarán as presentacións institucionais a medios de comunicación. Ás 11:30 chegará a de Wakayama, a cargo de Bradley Towle, Promotion Manager de Kumano Tourism Bureau; ás 11:45 será a do Caminho Portugués pola Costa, a cargo de María José Guerreiro, da Camara Municipal de Viana do Castelo; e ás 12:00 horas presentarase o libro ‘Virgen del Camino en-clave de misterios’ polo seu escritor, Isidro Cicero.
Fairway II Forum do Camiño de Santiago, unha iniciativa dende o sector privado.
Fairway, Forum do Camiño de Santiago, naceu dende a iniciativa privada. Está promovido pola maiorista-minorista Viajes Viloria; a axencia de marketing Mr Turismo; e Trevisani, empresa de organización de eventos, protocolo e relacións públicas, e comunicación.

Conta co patrocinio principal de Correos; a colaboración institucional da Deputación de A Coruña e do Concello de Santiago; e o apoio de Paradores, Catedral de Santiago, Clúster de Turismo de Galicia e de distintas entidades patrocinadoras e colaboradoras.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada