Fairway, Forum do Camiño de Santiago, na última xornada

Hernández Galán reflexionou sobre a necesidade de seguir avanzando na denominada “cadea de accesibilidade”

Destacou que “a accesibilidade non é cara, o é cando se deseña mal o edificio desde o principio”

As mesas de debate intersectoriais, novidades nesta edición, confirmáronse coma un éxito de formato.

As mesas de debate intersectoriais, novidades nesta edición, confirmáronse coma un éxito de formato.

Fairway, Forum do Camiño de Santiago viviu a súa última xornada na que cómpre destacar a grande acollida que acadaron as mesas de debate intersectoriai, unha das novidades desta segunda edición. Trátase de espazos de reflexión nos que voces autorizadas, procedentes tanto do mundo empresarial como das institucións, puxeron derriba da mesa os seus puntos de vista e as súas propostas de solución ás problemáticas nas distintas rutas que converxen en Compostela. Nestas mesas confrontáronse múltiples intereses e opinións, ás veces diverxentes, en prol do ben común.

Tamén supuxo un grande éxito o workshop de reunións de negocio, que contou cunha actividade frenética e un minucioso traballo de axenda, que permitiu que se desenvolvesen sen atrancos os máis de 1.600 encontros previstos entre empresas provedoras locais e 27 turoperadores procedentes de 15 países.

No congreso, a accesibilidade no Camiño de Santiago foi un dos aspectos que se encararon nesta última xornada. Da man do director de Accesibilidade Universal e Innovación da Fundación ONCE, Jesús Hernández Galán, reflexionouse sobre a necesidade de seguir avanzando na denominada “cadea de accesibilidade”, isto é, o facerlle sinxelo o acceso ao peregrino con algún tipo de discapacidade no transporte, especialmente o interurbano, no aloxamento ou nos sinais tanto de edificios coma do propio camiño. O responsable da ONCE destacou que “a accesibilidade non é cara, o é cando se deseña mal o edificio desde o principio”. Finalmente, en canto á incorporación das novas tecnoloxías, Hernández Galán foi crítico coa adaptación da maioría das apps do Camiño de Santiago, que non cumpren os criterios de web accesible.  Xunto a Hernández Galán tamén debateron sobre accesibilidade Rafael Sánchez Bargiela, xerente do Xacobeo; e Simón Neira Dueñas, xerente de Geozzy.com.

Accesibilidade no Camiño, a situación noutros países ou os retos da ruta foron algunhas das materias tratadas na súa terceira xornada

En Fairway falouse moito estes días de camiños de Santiago, xa que hai múltiples itinerarios aínda pouco coñecidos como, por exemplo, o Caminho Portugués pola Costa, un camiño “verde e azul, de interior e de costa”, tal e como o describiu José Costa, asesor turístico de Esposende. “Un caminho en contacto coa terra e o mar, que está en expansión, que nace no Porto pero que é moito máis, 141 kilómetros ata Valença de Miño polo que pasaron máis de 6.000 peregrinos no que vai de ano”. Un roteiro que atravesa “un territorio cheo de patrimonio que ofrece en cada paso todas as experiencias do Camiño, baixo o lema a cada paso, un sentido”, apunta Costa.

O proxecto Encamiñando, da Fundación Juana de Vega;  e os retos do Camiño: da tradición á contemporaneidade foron as presentación coas que se pecharon un evento no que tamén houbo espazo para a dimensión internacional, coa presentación do Camiño Kumano Kodo nipón, o traballo de turoperadores internacionais, os postos na feira ou a sesión adicada á Rota do Românico portuguesa e ao Francesco´s Ways.

A feira profesional, con máis de 60 expositores e máis de 100 marcas amosando as súas novidades e recursos, seguiu atraendo visitantes co paso das horas. Ademais dun maior número de empresas que na primeira edición, destaca o aumento de postos mostrando os recursos de distintos territorios.

Fairway II Forum do Camiño de Santiago, unha iniciativa dende o sector privado.
Fairway, Forum do Camiño de Santiago, naceu dende a iniciativa privada. Está promovido pola maiorista-minorista Viajes Viloria; a axencia de marketing Mr Turismo; e Trevisani, empresa de organización de eventos, protocolo e relacións públicas, e comunicación.

Conta co patrocinio principal de Correos; a colaboración institucional da Deputación de A Coruña e do Concello de Santiago; e o apoio de Paradores, Catedral de Santiago, Clúster de Turismo de Galicia e de distintas entidades patrocinadoras e colaboradoras.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada