A Xunta destina máis de 530.000 euros para programas de inserción laboral a mulleres vítimas de violencia de xénero

Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das axudas a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na nosa comunidade, que ascende a 537. 000 euros.

A premisa do programa e que as vítimas poidan acadar unha mellora na súa empregabilidade e a inserción no mercado de traballo, coma mecanismos claves para conseguir a súa independencia económica e persoal. Esta convocatoria está financiada ao 80 % con fondos FSE. Para este ano contan cun orzamento de 93.136 euros, e para o ano 2018 contará con 444.257 euros.

As axudas, pioneiras a nivel estatal, teñen por obxecto desenvolver programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero, coa finalidade de apoialas na súa integración ou reintegración no mercado laboral, como elemento clave para unha recuperación integral, tendo en conta que a falta de recursos propios, fundamentalmente dun posto de traballo, dificulta en moitas ocasións a ruptura da situación de violencia, e a inserción sociolaboral é un mecanismo fundamental e clave para que unha muller que sufriu violencia de xénero consiga a súa independencia económica e persoal, tan necesaria para rachar os vínculos con agresor e acadar a súa efectiva recuperación integral.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada