Galicia foi a terceira comunidade na que máis creceron as vendas de coche ecolóxico, un 80%

Imagen de archivo en la que se ve cómo dos tubos de escape sueltan humo.

Imagen de archivo en la que se ve cómo dos tubos de escape sueltan humo.

Galicia foi a terceira comunidade na que máis creceron as vendas de coches ecolóxicos, un 80%, segundo a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato.  Ademais afirmou que queda moito camiño por avanzar para incrementar a ratio actual, xa que só 3 de cada 100 novos vehículos que se matriculan son ecolóxicos.

A Xunta de Galicia defende o fomento dunha mobilidade ecolóxica e sustentable como ferramenta para reducir a contaminación e a emisión dos gases á atmosfera. As conselleiras de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Váquez, asistiron á Xornada do Automóbil Ecolóxico, onde invitaron ao sector e á sociedade civil a sumar esforzos nesta tarefa.

Ambas conselleiras coincidiron en que só existen dúas maneiras de baixar as emisións de gases efecto invernadoiro: reducindo o número de coches privados, o que se consegue con iniciativas como as que acaba de poñer en marcha na Coruña e a súa área metropolitana a Consellería de Infraestruturas, ou fomentando o uso do coche ecolóxico, con vehículos con baixas, ou nulas, emisións de CO2.

Mato Otero destacou que os vehículos ecolóxicos tamén contribúen á diminución da contaminación acústica e os seus custes de mantemento son inferiores; e indicou.

Pola súa banda, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázuqez, destacou a aposta do Goberno galego polo transporte público e o sector do taxi, como exemplo está a Lei do Taxi, que agora se está a avanzar na tramitación do seu regulamento, para que contribúa a incrementar a competitividade deste sector estratéxico e fomentar o emprego neste colectivo.

Así mesmo, lembrou que se puxeron en marcha axudas para a adquisición de taxis adaptados, de ata 10.000 € por vehículo e, en 2016, destináronse a este fin 800.000 €, o que permitiu atender o 100% das solicitudes presentadas e debidamente xustificadas; e esta mesma semana publicouse unha nova orde de axudas, ampliando en 200.000 € o crédito existente para a adquisición de taxis adaptados.

Todo isto, reflexa a aposta da Xunta polo sector do taxi; polo transporte público; e o compromiso coa mobilidade alternativa e co fomento de todo tipo de iniciativas que contribúan a reducir as emisións de gases contaminantes e que vaian un paso máis alá no respecto e conservación do noso medio.

As representantes do Goberno galego puxeron como exemplo ao colectivo de taxistas da Coruña, pois un 25% da frota actual está composta por coches ecolóxicos, co que aportan o seu grao de area no obxectivo de baixar as emisión de gases efecto invernadoiro do sector do transporte por estrada en Galicia, que nos últimos 10 ano se situou en case 12 puntos (un 11,8%).

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada