A primeira fin de semana de decembro, os días 2 e o 3

Dez adegas da DO Rías Baixas presentarán 16 espumosos en Salvaterra durante a 4ª Festa do Viño Espumoso

Con cursos de iniciación ao mundo dos espumosos e de harmonía de viños espumosos con conservas de Galicia, impartidos por Luís Paadín

IMG_9290_logo

(de i. a d.) Antonio Alén, presidente da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos; Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia; Arturo Grandal, alcalde de Salvaterra; Nava Castro, directora de Turismo de Galicia; e Santos Héctor, representante da Deputación de Pontevedra, durante a edición do ano pasado.

Un total de dezaseis adegas da DO Rías Baixas acoden a esta 4ª edición da Festa do viño Espumoso DO Rías Baixas. Concretamente, as adegas son Señorío de Rubiós, Eido Sela, Bodegas As Laxas, Adega Valtea, Adega Mar de Frades, Pablo Padín, Tollodouro,  Martín Códax, Adegas Galegas e Terras de Lantaño para presentar en total eses 16 espumosos.

O viño espumoso é un produto que “empeza a emerxer” dentro da DO Rías Baixas, sinalan desde o Concello de Salvaterra. Por iso “temos que contemplalos como unha opción máis á hora de comer ou cear”. Na Festa vanse presentar dezaseis marcas de espumoso, elaborado con uva autóctona. Deste xeito, estarán representadas case a totalidade das adegas que elaboran este produto dentro da DO Rías Baixas.

“O que se busca a través desta festa, á parte de promocionar un produto tan importante para a nosa terra e a nosa propia economía, xa que ano a ano vemos como está crecendo a súa produción e comercialización, é  crear o hábito e sobre todo deixar atrás estereotipos como que o espumoso só se utiliza para a sobremesa ou brindar, o Espumoso é para todas as ocasións, e se é Rías Baixas mellor que mellor”, afirman en nota de prensa desde o Concello de Salvaterra.

Esta cuarta edición da Festa do Viño Espumoso presenta unha programación variada con cursos de iniciación ao mundo dos espumosos e de harmonía de viños espumosos con conservas de Galicia, impartidos por Luís Paadín, Primeiro Ambassadeur du Champagnede de España,  cun showcooking a cargo do Centro de Formación Profesional A Cancela e diversas actividades e actuacións que amenizarán os dous días, unha cita ineludible orientada á promoción e divulgación deste produto, que conta cunha forte presenza na comarca.

Dende o Concello de Salvaterra, que é a Capital do Viño do Condado do Tea, anímase a todos os amantes dos nosos espumosos así como a todos aqueles que queiran probalo por primeira vez a acercarse a primeira fin de semana de decembro, os días 2 e o 3, ao Recinto Amurallado do Municipio, lugar onde se darán cita as 10 adegas e eses 16 espumosos que “buscamos que estean presentes este ano que entra na mesa de todos os galegos”, desexan desde o Concello.a4 plegado Espumoso 2017 cara B

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
31