Amiaquigal prepara un obradoiro de elaboración de conservas vexetais

aceitunasDesde AMIAQUIGAL, e especialmente adicado aos membros e interesados na elaboración de conservas vexetáis, préséntase esta actividade a desenvolver o vindeiro 22 de novembro, a partir das 19 horas en dependencias do IES de Quiroga (Lugo), Rúa Pereiro S/N.

Dispoñendo dun aforo do orden de 25 asistentes, requírese un criterio de admisión obxectivo en base a orden de inscripción e a pertenza como socio a AMIAQUIGAL, deixando nembargantes a posiblidade de establecer unha segunda data alternativa para o desenrolo dunha segunda edición.

Inscripcións e criterio de admisión: Por riguroso orden de recepción no Correo electrónico a AMIAQUIGAL: espinosa@edu.xunta.es indicando nome e apelidos e unha segunda data alternativa para o caso de estar fora do cupo de aforo.

Os asistentes teñen a opción de traer un tarro de 0,5 a 2 litros e aceitunas ata 2/3 do seu volumen para o seu procesado.aceitunas

O carácter emerxente da olivicultura fai que, especialmente nos comenzos, exista uhna producción incipiente de aceitunas insuficiente para obter aceite, e que perfectamente pódense destinar para a preparación doméstica e posterior consumoo como aceitunas salgadas ou aliñadas.

Elaborar conservas caseiras é posible pero hai que facelo de xeito seguro e sin riscos para a saúde. Este é o obxectivo deste traballo, que recupera e por ao día algunhas receitas herdadas dos nosos avós, pero coa premisa de que a tradición non está rifada coa anovación e baixo o concepto de artesanar a industria e non industrializar a artesanía, como parece que está a suceder nos últimos tempos.

A elaboración de conservas ten riscos, riscos que hai que coñecer para poder evitalos e esta é, precisamente, a pretensión de este Seminario – Obradoiro Facer sabendo o que se fai, sin deixarse guiar por receitas que aparecen na internet con escaso ou nulo rigor e ata publicacións e programas de televisión de cociñeiros con estrela que se estrelan neste eido.

Neste seminario, e tomando como referencia o obradoiro de conservas de Victorino Castro, abórdase desde a elaboración de salgados, o establecemento das conscentracións salinas e o acadado dunha acidez que permita a seguridade na conserva, nivel que se acada co engadido de ácido cítrico ou acético en cantidade suficiente, destacando que a súa determinación pódese establecer mediante a lectura da acidez con indicadores ou mediante un pH-metro ou ben engadir a cantidade de sustancia pura que se requira previamente calculada.

En calquera caso, destacar que en aras a seguridade alimentaria, a necesidade de engadir as sustancias requeridas na cantidade precisa, para o que se require a utilización de aparellos de medida e de sustancias de composición determinada e definida, condicións éstas que cumplen as especies químicas ofertadas por distribuidores e fabricantes de prestixio, sin que por todo eso, o producto deixe de ser artesanal.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1