A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal promove ofertas de emprego no sector do metal

brasil soldadoresA Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal promove ofertas de emprego no sector do metal destinadas a empresarios e desempregados do sector do metal, o próximo 27 de novembro, no Job Day da Eurorexión Galicia – Norte de Portugal (AECT), que terá lugar na Escola Superior de Ciencias Empresariais, en Valença.

Dedicado ao sector do metal, a sexta edición do Job Day transfronteirizo procura promover a mobilidade e a contratación de traballadores na Eurorrexión. Habilitaránse espazos para entrevistas e contratacións, xunto das empresas inscritas.

Esta edición é realizada conxuntamente coas asociacións representativas do sector en Portugal e na Galicia, a AIMMAP – Associação dos Industriais Metalúrgicos, Metalomecânicos e Afins de Portugal, a Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia e a Rede Eures Transfronteiriza.

Os obxectivos dos Job Day pasan sempre por fomentar a creación de emprego e a cooperación transfronteiriza entre as empresas de distintos sectores de actividade. Dende o metal, a hostalaría e restauración, ao sector agroalimentar e forestal, o resultado tense traducido na contratación de máis de medio centenar de desempregados dos dous lados da fronteira.

Os interesados nas ofertas de emprego deben solicitar previamente unha entrevista. Enviar CV a: gnpaect@gnpaect.eu.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada