Amauta Castro con ‘Da pel sae o escuro’, primeiro premio do Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro de Cornellá

cERTAME 2017 (38)

XXXI edición do Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornella (Barcelona) .

Amauta Castro co seu poema ‘Da pel sae o escuro’, primeiro premio do Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona), que este ano acada a súa  XXXI edición, cuxo evento celebrouse este sábado.

O acto de concesión dos premios foi precedido da presentación, na sala de actos de Asociación do libro “Corpo de Antiochia” de Tamara Andrés Padín, editado por Galaxia, unha recolleita de poemas cos que autora gañou diversos premios.

Asemade tamén se presentou a serie cinematográfica “La ultima piedra” unha  webserie creada pola escritora Tamara Andrés e a súa parella Adrián González, e consta de seis capítulos de historias de xénero.cERTAME 2017 (36)

Pola noite e no transcurso dunha cea celebrada no restaurante da Asociación galega de Cornella, e presidida polo seu  presidente, Oliver Fernández,  á que asistiron numerosos socios e amigos, así como diversas autoridades do mundo da cultura e a sociedade de Cataluña e Galicia, ademais de representantes da Corporación Municipal de Cornella e delegacións doutras entidades galegas de Cataluña, o presidente do xurado do certame, composto pola presidenta María Xesús Lama López; vicepresidenta, Tamara Andés Padín e os vogais Xulio Simón, Xosé Lamela, Xosé Carlos García e como secretario o profesor Xulio Cougil Vázquez, deu a coñecer aos gañadores deste ano 2017 na  31 edición do Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro.

Primeiro premio: AMAUTA CASTRO  de Girona, polo seu poema titulado “Da pel sae o escuro”.

Segundo premio: JUAN LORENZO COLLADO GÓMEZ, de Albacete, polo poema “Nas pestanas da rúa”.

Terceiro premio: ARSENIO IGLESIAS PAZO, de Bilbao, polo seu traballo “Principio ou final do poema”.

cERTAME 2017 (28)

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1