O Showcoocking da Cancela para a Festa do viño Espumoso en Salvaterra mostrará en vivo a cociña de cinco pratos con espumoso

Las profesoras Esther Juan (i) y Fátima Estévez, profesoras de hostelería en A Cancela con los alumnos del ciclo.

Las profesoras Esther Juan (i) y Fátima Estévez, profesoras de hostelería en A Cancela con los alumnos del ciclo.

O Centro de Formación Profesional A Cancela, nas Neves, e, concretamente, no ciclo de Hostelería, o obradoiro do centro é un lugar de frenética actividade estes días para preparar o showcooking que se vai a celebrar o sábado 2, ás 18.00 horas, na Casa do Conde, no recinto amurallado, na 4ª Festa do Viño Espumoso da DO Rías Baixas. 

As profesoras Fátima Estévez e Esther Juan xunto aos alumnos están a facer probas de pratos que harmonicen con viño espumoso. Neste caso, o espumoso vai proceder dunha adega da comarca, Señorío de Rubiós, da DO Rías Baixas, que vai  doar as botellas para as elaboracións.

As profesoras, en principio, están pensando elaborar cinco pratos, tres salgados e dous doces. Aplicando o moderno concepto de cocina de fusión van maridar o espumoso nas elaboracións dos pratos. Pensan comezar cunha Crema de Cabaza cun toque asiático, seguir cun Fish & Chips de estilo británico cunha emulsión de espumoso, logo levarannos a Italia cun Risotto de setas. Os doces para a sobremesa van ser un Cóctel no que o espumoso sexa o protagonista e ademais cun toque de cítricos. A segunda sobremesa, máis contundente, vai ser, probablemente, un Biscoito Madeleine con queixo cremoso da comarca e algo de mazá que “harmoniza perfectamente”, sinala a profesora Fátima Estévez.

Ambas profesoras acudirán con 5 ou 6 alumnos ao Showcooking. Eles serán os protagonistas, explican, e cociñarán todo a vista do público -agás dalgunha elaboración que sexa máis complicada e que xa virá preparara- e explicarán ao público presente como fixeron os pratos. Para as profesoras Juan e Estévez é fundamental espertar a creatividade dos alumnos e ofrecerlles unha oportunidade de aplicación. En principio, van preparar a degustación para dous centenares de persoas, segundo lles require o Concello de Salvaterra, organizador da 4ª Festa do Viño Espumoso DO Rías Baixas.

Esther Juan e Fátima Estévez están ilusionadas así como os alumnos xa que se trata dun acontecemento na Comarca do Condado e unha oportunidade de “participar nun evento como Escola na nosa zona” asi como promocionar productos autóctonos na elaboración dos pratos como é o caso dos espumosos. Os alumnos tamén adquirirán a experiencia de cociñar en público e dialogar co público, explica Esther.

Por outra parte, Fátima Estevez subliña que consumamos productos nosos como son os espumosos da DO Rías Baixas e anima a mercalos durante a Festa para o Nadal e engade que será un sinal de que valoramos o propio.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
61