Miguel Alfonso, xerente da adega: “Pedralonga é un viño que matiza solo, clima, a nosa maneira de traballar e todo isto chega á copa”

IMG_6639_logo

Francisco Alfonso, fundador da adega Pedralonga co seu fillo e actual xerente da adega, co viñedo de tinto Rías Baixas ás súas costas, en Santiaguiño, Caldas de Reis, Pontevedra.

Pedralonga é o eido familiar dos Alfonso, en Santiaguiño de Godos, en Caldas de Reis. Un lugar de solo areoso onde abundan as pedras, o xabre … Un solo granítico que dá lugar a viños moi mineralizados. Non falta na propiedade unha gran mole pétrea que se levanta como miradoiro sobre as 7,5 hectáreas de terreo dispostas en bancais con viñas de espaleira que logo van sustanciarse nunhas 40 ou 50.000 botellas de branco albariño e tinto da DO Rías Baixas. Estamos no Val do Umia pertencente ao Val do Salnés, en terras de Caldas.

Francisco Alfonso foi o emprendedor que tras regresar da emigración americana mercou a propiedade en Santiaguiño de Godos e nos anos oitenta puxo en marcha a adega que estivo operativa en 1997. Hoxe xubilado segue coa mesma ilusión o quizais máis a peripecia vital da adega.

Son audaces estes viticultores, dedican 1,5 hectáreas ao tinto Rías Baixas. Un tinto que leva aproximadamente un 60% de Mencía para darlle máis corpo, un 30% de Caíño e o restante 10% de Espadeiro. Tinto do Umia é vermello translúcido con riberetes de tella.

O relevo tomouno o seu fillo, Miguel,  bodegueiro que recolle a tradición vitivinícola da familia máis atrás do seu pai Francisco. Del, Miguel aprendeu sobre todo a importancia da “constancia e o ser loitador”, do “traballo como base de todo” e logo a formación, o estudo.

Son audaces estes viticultores, dedican 1,5 hectáreas ao tinto Rías Baixas. Un tinto que leva aproximadamente un 60% de Mencía para darlle máis corpo, un 30% de Caíño e o restante 10% de Espadeiro. Tinto do Umia é vermello translúcido con riberetes de tella.

Miguel Alfonso fala da diferenciación deste DoUmia que non encaixa no prototipo de ‘Viño español’ forte, voluminoso DoUmia esta baseado en aromas primarios florais e matices de froitas frescas cun final que recorda un afumado. Tinto de boa acidez, moi versátil para maridar tanto con carne como pescado e non digamos con polbo, para o que é, sinxelamente, “perfecto”, sentencia o xerente.

En brancos, con 6 hectáreas dedicadas, a referencia de ‘first level’ é o albariño Pedralonga, o primeiro que elaboraron, que –como define Miguel- “abre portas” e “non defrauda”.  Aclara Miguel Alfonso que non é un Albariño estandarizado.“Pedra Longa, en cambio, é un viño que matiza solo, clima, a nosa maneira de traballar de baixo rendemento; sen correccións químicas, de lévedo natural… que permite que toda esta impronta de mineralidade e salinidade chegue á copa”.

A descrición do Albariño Pedralonga faina así: “Amarelo intenso. Nariz cítrico con toques de pomelo, mazá e recordos lácticos. Untoso, carnoso, cun agradable final mineral”.

Por iso, quizais foi o viño que o empresario téxtil Amancio Ortega comprou para a voda da súa filla e logo recuncou para o bautizo do seu neto. Jordi Cruz, recentemente 3 estrelas Michelín, teno no seu restaurante ABaC e estivo tamén no soado El Celler de Can Roca dos irmáns Joan e Jordi Roca.

Albariño Pedralonga foi o viño que o empresario téxtil Amancio Ortega comprou para a voda da súa filla e logo recuncou para o bautizo do seu neto. Jordi Cruz, recentemente 3 estrelas Michelín, teno no seu restaurante ABaC 

Logo, lanzáronse a un Albariño Pedralonga Barrica. Tendo presentes os fracasos dalgúns Albariños que, coa moda da madeira, fracasaron, pensaron que o seu Albariño de corpo e volume podía aguantar a madeira co coidado da lía, tentaron con éxito unha pequena achega de madeira, “só un toque e que siga dominando a variedade”, di Miguel. Pedralonga barrica saíu así un viño máis complexo que buscan algúns consumidores fronte a outros clientes máis puristas no aroma que rexeitan de entrada o aroma e a maior estrutura que proporciona a madeira de carballo francés.

“Amarelo intenso con escintileos verdes. Froitas maduras. Mineralidade tras as lías do botonage, xunto a una acidez que axuda o seu paso pola boca e que o fai persistente”, di a descrición.

Despois naceu Vendetta, “un antollo; un viño para frikis”, define o xerente de Pedralonga. “Amarelo dourado. Aromas que evocan cítricos, froitas confeitadas e fiúncho. Graxo, carnoso, de boa amplitude e persistencia”.

“Tiñamos unhas uvas especiais que se utilizaban para o pé de cuba. E preguntámonos que pasaría se se empregan soas; que pasaría co mosto antes de empezar a prensar; que ocorrería dándolle moita lía fina e con moito traballo de ‘batonage’ (removendo), xa en inox., sen aportación externa, só co que vén da uva.  Ó relatar todo isto, a Miguel Alfonso ilumínase o rostro e sorrí cun sorriso de complicidade. Vese o agarimo co que naceu e elabora Vendetta. Un viño feito sen présa; se hai uvas, faise; se non hai, non sae…, ”sen condicións”, resume. “¡Un viño para sacar peito!”

Os Alfonso consideran as súas elaboracións para persoas que procuran algo especial, persoal e diferente, fóra do estandarizado.  O que por aí se chama ‘viño de autor’, aínda que non exista tal categoría a nivel oficial.

A adega Pedralonga tamén importa os seus viños a EEUU, Canadá, Alemaña e Noruega, entre outros países.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
2