Premiado o talento e o traballo das finalistas de Xuventude Crea 2017 na especialidade de moda

2A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez inaugurou hoxe, no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia, a exposición das coleccións finalistas da especialidade de moda do programa Xuventude Crea.

Trátase de seis coleccións compostas por cinco pezas cada unha delas confeccionadas por seis mozas: Atlantis de Irene Gómez Rodríguez (Crecente); Not your babe de Iria Carrera Chapela (Vigo); O romance de Iria Casais Morales (Arteixo); The 3rd gender de Yolanda Román Vázquez (Vigo); Amy de Thalita Kumy Dumont Copero (Vigo); e Muda(nte) de Tania González Campos (A Coruña). As coleccións estarán expostas ata o 10 de decembro.

Cecilia Vázquez destacou que “desde a Consellería de Política Social apostamos polo desenvolvemento dos mozos e mozas, polo establecemento de vías de respaldo á creatividade da mocidade e por converter este certame nunha plataforma de lanzamento para amosar os seus proxectos creativos”.

A titular do departamento autonómico lembrou que “‘Xuventude Crea’ pretende concebir un espazo para que a mocidade poida exercitar as súas habilidades, poñer en marcha e ensaiar solucións innovadoras, valorar o exame crítico das obras e outorgarlles visibilidade”. “A creatividade, o talento e a capacidade de innovar son valores fundamentais para calquera sociedade”, engadiu Vázquez.1

Este ano, o certame experimentou un incremento de proxectos presentados e de participantes en relación á edición pasada. En concreto, 376 rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos presentáron un total de 299 proxectos, individuais e en grupo, para as 12 especialidades previstas: teatro, cociña, música, artes plásticas, deseño de xoias, carteis, banda deseñada, relato breve, poesía, moda, videocreación e graffiti.

Os premios nas 12 especialidades son 3.000 euros para os gañadores; 1.500 euros para os segundos; e 1.000 euros para os terceiros. Os premios poden ser compartidos. E por outra banda, tamén se poden outorgar mencións de honra, sen dotación económica.

Cecilia Vázquez rematou a súa intervención felicitando a todos os participantes e en especial ás mozas finalistas e gañadoras “parabéns a todas as premiadas e ás finalistas, grazas por compartir con nós o resultado do voso talento e o voso esforzo, porque a creatividade tamén é traballo, orixinalidade, esforzo e inspiración”.

Esta semana finaliza o desenvolvemento do programa Xuventude Crea 2017. Así mañá venres, 1 de decembro, ás 12,30 horas a Igrexa da USC acollerá a inauguración da exposición dos proxectos finalistas das especialidades de fotografía e artes plásticas (pintura e escultura). A exposición, composta por 32 obras –17 da especialidade de fotografía e 15 da especialidade de artes plásticas- poderá visitarse ata o 28 de decembro.3

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada