Salvaterra apura os espumosos da DO Rías Baixas

Unha familia salvaterrense na 4 Feira do Viño Espumoso da DO Rías Baixas.

Unha familia salvaterrense na 4 Feira do Viño Espumoso da DO Rías Baixas.

A primeira xornada da 4ª Festa do Viño Espumoso da DO Rías Baixas tivo un día cheo de actividade arrededor dos espumosos. Pola mañá o grupo A Pontenova subiu ao escenario e interpretou varias  canciones. Mentres, nas covas de Dona Urraca, as adegas participantes xa exhibían as súas elaboracións nos seus postos adornados con motivos das adegas.

O público foi chegando contra as 13.00 horas e ocupou as mesas para tomar ostras, mexillóns ou xamón, entre outras cousas, cos espumosos. O viño vendíase por botellas con copa frauta de cristal a 2 euros e que, se se devolvía, reintegrábanse.  José María acompañado pola súa dona e amigos, que veu de Ourense, mostrouse encantado de poder degustar os espumosos.

Pola tarde, o curso de iniciación á cata de espumosos impartido por Luís Paadín tivo lugar coas persoas inscritas. Pero o que concitou máis a atención foi o showcooking que desenvolveu o centro de formación profesional A Cancela, dirixido polas profesoras Fátima Estévez e Esther Juan coa colaboración dos alumnos do centro.

Logo chegou a música para quedarse. Familias e amigos ocupaban as elegantes mesas nas que coa anterioridade degustaron os pratos do showcooking. O ambiente de fiesta e a cata de espumosos foi a tónica da noite coa música en vivo.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
21