Os galardoados cos premios deporte galego do ano 2016 nesta edición recoñecen a 18 premiados en 17 categorías

Mellor deportista revelación: Irene Blanco, en halterofilia.

Mellor deportista revelación: Irene Blanco, en halterofilia.

A Secretaría Xeral para o Deporte publicou a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2016 que se entregarán o vindeiro día 21 de decembro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Estes galardóns recoñecen os méritos deportivos do ano 2016, e distinguen este ano 17 categorías; aínda que, a proposta do xurado, outorgaranse dous premios ao mellor deportista masculino con discapacidade.

 

Lista de premiados:

 

-Mellor deportista feminina: María  Bernabéu (judo)

 

-Mellor deportista feminina con discapacidade: Susana Rodríguez Gacio (triatlón)

 

-Mellor deportista masculino: Cristian Toro (piragüismo)

 

-Mellor deportista masculino con discapacidade: David Mouriz Dopico e Agustín Alejos Alonso (baloncesto en cadeira de rodas)

 

-Mellor equipo feminino: Club Halterofilia Coruña (halterofilia)

 

-Mellor equipo masculino: Hockey Club Liceo (hóckey patíns)

 

-Mellor equipo de deportistas con discapacidade: Club Baloncesto Amfiv (baloncesto en cadeira de rodas)

 

-Mellor entidade na promoción do deporte de base: Victoria Club de Fútbol (fútbol)

 

-Mellor adestrador ou adestradora: Rosa García (patinaxe)

 

-Mellor árbitro/a ou xuíz/a: Francisco Jorge García Romero (hóckey patíns)

 

-Mellor labor informativo: O Sil

 

-Mellor evento deportivo: Vuelta Ciclista a España (ciclismo)

 

-Mellor patrocinio deportivo: Pescados Rubén

 

-Mellor deportista revelación: Irene Blanco (halterofilia)

 

-Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Concello de Marín

 

-Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Votorantim

 

-Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: CEIP Curros Enríquez de Celanova

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada