O Plan DigiTalent contempla máis de 20 actuacións cun orzamento público-privado de 5 millóns de euros ata o 2020

A Administración propón ás once compañías tecnolóxicas e ao Clúster TIC de Galicia a súa participación no programa de becas Áncora e na iniciativa Tecnólogos por un día.

A Administración propón ás once compañías tecnolóxicas e ao Clúster TIC de Galicia a súa participación no programa de becas Áncora e na iniciativa Tecnólogos por un día.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha o Plan de promoción do talento dixital de Galicia, DigiTalent 2020, para reducir a fenda entre a dispoñibilidade de traballadores con competencias dixitais e a crecente demanda destes perfís no mercado laboral.

Para avanzar neste obxectivo o Plan DigiTalent contempla, como punto de partida, máis de 20 actuacións en torno a tres eixos de actuación: impulsar as vocacións STEM, promover a adaptación aos novos perfís dixitais e a formación de E-líders para a transformación dixital. Cun orzamento público-privado de 5 millóns de euros ata o 2020 DigiTalent formúlase como unha iniciativa aberta ás achegas dos axentes do ecosistema dixital, entre os que están as 12 empresas que en 2013 se adheriron ao Pacto Dixital da Xunta para impulsar o crecemento tecnolóxico da Comunidade

Actualmente en Galicia só o 9,3% dos matriculados no sistema universitario cursa carreiras do ámbito do ámbito STEM (estudos científicos, tecnolóxicos, en Enxeñarías ou Matemáticas). Unhas cifras que contrastan coa alta empregabilidade dos profesionais do ámbito dixital. Só na Comunidade o sector tecnolóxico mantivo una taxa de emprego estable en torno ao 1,6%, batendo o seu récord de emprego en 2016 con máis de 16.000 traballadores.

Responsables das empresas tecnolóxicas adheridas ao Pacto Dixital, Indra, Everis, Iecisa, Satec, Televés, R Altia, Coremain, Telefónica, Vodafone, DXC e o Clúster TIC Galicia participaron esta mañá nunha xuntanza e traballo coa directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, para articular a súa participación no Plan DigiTalent.

BOLSAS

Como punto de partida, a Xunta propuxo a estas a súa participación en dúas das iniciativas previstas en DigiTalent: o Programa de bolsas Áncora e a Iniciativa Tecnólogos por un día.

Áncora é un programa de prácticas non laborais en grandes empresas do sector TIC, tanto en centros de traballo de Galicia como do estranxeiro, con compromiso de contratación das persoas que superen con éxito o período de prácticas, que será de entre 6 e 9 meses. Está dirixido a estudantes universitarios, de FP ou recentemente titulados que estean cursando formación da rama tecnolóxica.

Tecnólogos por una día é unha iniciativa dirixida a rapaces e rapaces de entre 12 e 17 anos, que terán a oportunidade de experimentar en primeira persoa a xornada laboral dun profesional do sector, participando nas distintas actividades que teña na axenda de traballo (reunións, visitas a clientes tecnolóxicos, comida de traballo, etc.). O obxectivo é mostrarlles as dinámicas que dominan este tipo de profesións e resolver as súa dúbidas vocacionais.

VOCACIÓNS

Aínda que un 50% dos alumnos galegos matriculados en bacharelato cursan a rama de ciencia e tecnoloxía, a maioría non chega a matricularse nunha carreira STEM. Por iso o primeiro eixo do Plan busca fomentar o atractivo vocacional das profesións científico-tecnoloxías entre a poboación máis nova, especialmente entre as mozas, con exposicións e accións lúdico-formativas e actividades de mentorado. Crearanse espazos con equipamento de última xeración para achegar aos máis novos as novas tendencias tecnolóxicas, axendas de actividades con talleres e competicións de robótica, enxeñaría, programación etc.

Nesta mesma liña fomentarase o atractivo das profesións STEM desde as primeiras etapas escolares con actuacións como Tecnólogo por un día ou campamentos de verán con obradoiros TIC. E tamén o talento precoz con programas para a xestión de talento STEM de alto rendemento para alumnos con aptitudes tecnolóxicas avanzadas.

NOVOS PERFÍS

Calcúlase que Europa contará con 500.000 postos vacantes para profesionais TIC no 2020 e que nos vindeiros anos o 90% das profesións requirirán de novas competencias dixital. A transformación dixital está a crear novas profesións que afectan a todos os sectores: novos perfís tecnolóxicos e a transformación de profesións tradicionais que requiren de novas habilidade dixitais.

Para afrontar estes cambios DigiTalent contempla actuacións para ofrecer capacitación continua aos profesionais con accións formativas e de asesoramento como o programa Áncora, sesións divulgativas de novos perfís dixitais, ou o Observatorio Tecnolóxico DXC.

Facilitar a adaptación de profesionais non TIC con programas de reciclaxe profesional e garantir capacitación dixital básica de todos os profesionais

E-LÍDERS

Europa precisará ata o 2020 entre ata 250.000 perfís profesionais directivos con capacidade de liderar a transformación dixital da súa empresa. Por iso o plan conta con medidas para facilitar a estes perfís directivos formación e sensiblización e iniciativas para impulsar o emprendemento e a xeración de ideas innovadoras.

PACTO

En 2013, un total de 11 empresas tecnolóxicas, de ámbito internacional, rexional e o Clúster TIC de Galicia asinaban coa Xunta un acordo no que, ambas partes, asumían un decálogo de compromisos para atraer investimento a Galicia, favorecer a internacionalización das pemes galegas e colaborar para conseguir o crecemento do sector. Desde entón fraguáronse diferentes iniciativas como os centros de emprendemento dixital de Telefónica Galicia Open Future; o centro para a innovación social dixital, Vodafone Conecting for Good Galicia ou o Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio de DXC. Todos eles situados na Cidade da Cultura, conformando xunto coa sede da Amtega, o polo tecnolóxico do Gaiás.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada