Luís Paadín, técnico en enoloxía e viticultura: “A incorporación no meu libro do código QR ás localizacións de lagares rupestres permite ir a eles sen ter que preguntar”

“Na India están reconducindo o potencial de produción de uva de mesa a uva de viño”

Luís Paadín, durante un curso na Casa do Viño de Salvaterra.

Luís Paadín, impartiendo un curso na Casa do Viño de Salvaterra.

Luís Paadín acaba de vir dunha viaxe á India, de Nashki [cidade do estado de Maharashtra, a 180 quilómetros de Bombay]. Este home do viño estivo, xunto co seu fillo Alejandro, outro home do viño, visitando as adegas do Val do Viño, a 200 quilómetros de onde se atopaban están instaladas 15 adegas das que visitou tres de vagar.

Alí todo é distinto, conta. A principios de decembro a uva “non empezou a enverar”, isto é, a coller a cor de maduración. Será para finais de xaneiro e principios de febreiro cando estea para vendimar. As videiras non perden a folla en todo o ano e isto “exixe traballos permanentes”.

Outra cousa é que os indios só dedican un 1% da súa produción de uva a facer viño porque a destinan a uva de mesa. “Aínda que isto está a cambiar”, explica Paadín. Moita da uva de mesa que imos consumir este Nadal en España de orixe británica ou italiana vén de alí. Agora “están reconducindo o potencial de produción de uva de mesa a uva de viño”. Fáltalles experiencia na produción de viños. Non así na de uva.

A pesar da súa inexperiencia están a apostar por castes como a Tinta Syrah, Sauvignon blanc, Cabernet Sauvignon. En tinto reconducen todo co tempranillo e a garnacha.

Tamén teñen viños espumosos así como viños tranquilos que case toda a produción, afirma Luís Paadín, é para consumo interno. Outra curiosidade é que o grupo francés de Moet Chandon está a elaborar alí espumosos.

Outro asunto é a exportación dos nosos viños. India “é un mercado difícil polos aranceis e polo que demoran as mercancías perecedoiras correndo o perigo de estragarse”.

Os indios miran todo o que ben de fóra con simpatía e interese.

LAGARES RUPESTRES

Antes da súa viaxe á India, Luís Paadín estivo na Rioxa, invitado polo Museo Dinastía Vivanco, un dos mellores do mundo, presentando o seu novo libro, ‘Las piedras que hacían vino’.  Luís, que é técnico en enoloxía e viticultura, e o seu fillo Alejandro, formado en enxeñería e en Deseño Industrial, presentaron o libro ante autoridades e unha trintena de adegueiros desa Denominación.

É un libro que serve de caderno e que invita a saír ao campo. Recolle más de 60 lagares rupestres onde os nosos devanceiros facían viño. Está planteado como un traballo aberto non exhaustivo. De feito, os Paadín xa atoparon 20 lagares máis desde a edición de ‘Las piedras que hacían vino’. Cada ficha leva un pequeno mapa para atopalos. O máis novidoso é que tamén teñen o código QR de tal xeito que é “un libro vivo, actualizado” onde se pode acceder a novos descubrimentos e co teléfono móbil pódese un axudar da aplicación correspondente para localizalos. É tan útil que na Rioxa máis dun alcalde manifestou que ía incorporar isto, tan práctico, ás súas publicacións.

Para este amante do viño e de todo o que o rodea, os nosos lagares rupestres de granito –fronte aos de arenisca da Rioxa que, coas modificacións tecnolóxicas, tiñase que facer un novo lagar- foron a base para facer viño en distintas épocas que deixaron o seu rastro. Desde o pisado manual, á prensa, e ata o depósito de fermentación, sempre sobre esa base de granito galego.

O éxito para este traballo comezado en 2011 é notable xa que dos 1500 exemplares da primeira edición, Luís Paadín comenta, cando a principios de decembro facemos a entrevista, que só lle quedan 500.

O noso home do viño está canso tras as viaxes seguidas a Rioxa e a India. Pero ao remate da IV Festa do Viño Espumosos da DO Rías Baixas en Salvaterra fai un balanzo: “Cada edición é mellor ca anterior. O salto de hai tres anos  ata aquí é enorme e auguro que de aquí a 5 anos os espumosos da DO Rías Baixas van recibir grandes premios fóra de Galicia”.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
11