A Xunta de Galicia pon á disposición de estudantes da UDC prácticas formativas no ámbito dos servizos sociais

UniversidadA Consellería de Política Social asinou un novo convenio de cooperación educativa coa Universidade da Coruña (UDC) para a realización de prácticas académicas externas por parte de alumnos da dita institución.

Poderán realizar estas prácticas os estudantes do grao de enfermaría, fisioterapia, logopedia, podoloxía, terapia ocupacional e educación social e os estudantes dos mestrados universitarios en asistencia e investigación sanitaria, en discapacidade e dependencia, en xerontoloxía, en estudos avanzados sobre a linguaxe, a comunicación e as súas patoloxías en políticas sociais e intervención sociocomunitaria, en psicoloxía aplicada e en psicopedagoxía; aínda que o convenio poderá ampliarase a outras titulacións que garden relación cos servizos competencia da Consellería de Política Social.

O departamento autonómico facilitará a utilización dos centros de menores, dos centros de atención a persoas con discapacidade, centros residenciais e de atención diúrna; dos albergues, campamentos xuvenís, residencias de tempo libre e centros sociocomunitarios; e dos servizos e oficinas das xefaturas territoriais (todos eles de titularidade pública).

Así mesmo, a Consellería fixará o proxecto formativo que efectuará cada estudante, que ha de ser conforme aos principios de inclusión, igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal.

A UDC será a encargada do proceso de selección dos alumnos e alumnas, que disporán dunha titoría académica e outra profesional. Ambas supervisarán as funcións levadas a cabo polos estudantes durante as súas prácticas, asistiranos no que sexa preciso e avaliarán o aproveitamento deste período formativo.

O convenio terá unha vixencia de catro anos. Cómpre destacar que as prácticas académicas externas constitúen unha actividade de natureza formativa realizada polos estudantes universitarios e supervisada polas universidades, cuxo obxectivo é permitirlles aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica, favorecendo a adquisición de competencias que lles preparen para o exercicio de actividades profesionais, faciliten a súa empregabilidade e fomenten a súa capacidade de emprendemento.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

Etiquetas: