Hospitaleiros voluntarios no Camiño de Santiago confraternizan para atender mellor os 70 establecementos públicos con máis de 3.000 prazas de aloxamento

Na súa terceira edición contou con voluntarios de Estados Unidos, Italia, Holanda e Brasil que desenvolveron labores de acollida e acompañamento en albergues do Camiño Francés, do Portugués, do Norte, do de Fisterra-Muxía e do Primitivo.

Na súa terceira edición contou con voluntarios de Estados Unidos, Italia, Holanda e Brasil que desenvolveron labores de acollida e acompañamento en albergues do Camiño Francés, do Portugués, do Norte, do de Fisterra-Muxía e do Primitivo.

A terceira edición do programa de hospitaleiros voluntarios no Camiño de Santiago contou o pasado ano coa participación de máis de 20 voluntarios que, por primeira vez, procederon de catro nacionalidades diferentes dando así resposta á crecente internacionalización da ruta xacobea, na que máis da metade dos peregrinos ao longo de 2017 foron estranxeiros, representando o 56% do total.

A iniciativa, impulsada por Turismo de Galicia, a través do Xacobeo, e pola asociación estadounidense de amigos do Camiño American Pilgrims in the Camino, está a reforzar desde hai tres anos con gran éxito a acollida aos peregrinos que percorren as diversas rutas de peregrinación en Galicia. O balance de 2017 revela a participación dun total de 23 voluntarios, dos que 18 proceden da Asociación American Pilgrims in the Camino de Estados Unidos que tiveron como sede o albergue de Ribadiso no Camiño Francés.

Tamén participaron tres voluntarios da Asociación de Amigos do Camiño de Holanda que fixeron a súa estadía nos albergues de Pontecesures, no Camiño Portugués; no de Baamonde, no Camiño Norte, e no de Muxía, no Camiño de Fisterra-Muxía, localidade na que tamén participou un voluntario da asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Cerdeña. No albergue de Lugo, no Camiño Primitivo, contouse coa participación dunha voluntaria da Confraría do Apóstolo Santiago de Rio de Janeiro (Brasil).

ALBERGUES PÚBLICOS

Este balance demostra o crecente interese que este programa de hospitalidade suscita en países de todo o mundo. A iniciativa naceu hai tres anos para reforzar a acollida aos peregrinos que percorren as diversas rutas de peregrinación en Galicia, colaborando cos albergueiros neste labor tan singular e que conforma un dos valores que a identifican. O obxectivo é lograr que os peregrinos, especialmente os foráneos, se sintan máis acollidos na rede pública de albergues, con 70 establecementos e máis de 3.000 prazas de aloxamento.

O programa dá resposta aos obxectivos marcados no Plan director do Camiño de Santiago, a folla de ruta coa que a Xunta traballa cara o Xacobeo 2021. Dotado de 56 millóns de euros, o plan inclúe medidas para reforzar a colaboración coas asociacións xacobeas.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada