Galicia conta con 11 restaurantes Estrella Michelin

 A Xunta felicita ao sector por contribuír a que Galicia lidere o ránking de destinos favoritos de turismo gastronómico Escoitar   1 de 1 Vigo, 10 de xaneiro de 2018 facebook twitter twitter  ... Compartir A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitaron hoxe en Vigo o restaurante Maruja Limón, un dos 11 establecementos con Estrela Michelín cos que conta a Comunidade galega.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitaron hoxe en Vigo o restaurante Maruja Limón, un dos 11 establecementos con Estrela Michelín cos que conta a Comunidade galega.

Galicia é a comunidade autónoma con maior atractivo para facer viaxes e escapadas gastronómicas grazas á súa ampla oferta e a calidade dos seus produtos, segundo un informe da demanda de turismo gastronómico elaborado pola consultora especializada Dinamiza Asesores en colaboración coa dirección xeral de Turismo da Comunidade de Madrid.

A día de hoxe, Galicia conta con 11 restaurantes Estrella Michelin, 22 restaurantes Bib Gourmand -aqueles que están incluídos na Guía Michelin e aspiran a recibir a súa primeira Estrela- e 37 Soles Repsol repartidos por 25 establecementos de restauración.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1