Cultura financiará con 90.000 euros o desenvolvemento do I Concurso de Rondallas de Vigo

O conselleiro Román Rodríguez subliñou a importancia de conservar esta tradición popular tanto para a cidade como para o conxunto de Galicia, polo que anunciou un evento similar na Cidade da Cultura.

O conselleiro Román Rodríguez subliñou a importancia de conservar esta tradición popular tanto para a cidade como para o conxunto de Galicia, polo que anunciou un evento similar na Cidade da Cultura.

O Goberno galego garante o seu apoio estratéxico e plurianual para a celebración do “I Concurso de Rondallas no recinto feiral de Vigo”, que organiza a Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, cuxo departamento financiará con 90.000 euros ata o ano 2020 a celebración deste evento e, por tanto, a súa continuidade no tempo.

Nun acto no que tamén estiveron presentes o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o presidente da Federación de Rondallas, Roberto Giráldez; e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; Román Rodríguez subliñou a importancia desta manifestación musical popular, tanto para a cidade de Vigo como para o conxunto de Galicia, polo que se comprometeu a organizar un evento similar na Cidade da Cultura de Galicia.

En palabras do conselleiro de Cultura, as rondallas “forman parte dunha tradición moi valiosa, e dan acubillo ás inquedanzas musicais de moitas persoas, especialmente na comarca de Vigo”. De aí que a Xunta de Galicia -a través desta consellería- comprometa o seu apoio firme a este certame que o próximo 28 de xaneiro congregará unha ducia de rondallas procedentes de Vigo, Mos, Gondomar, O Porriño e Nigrán, no recinto feiral de Vigo.

Na súa intervención, Román Rodríguez fixo un chamamento aos cidadáns a asistir a este evento que contribuirá manter viva unha tradición popular moi importante na comarca. Finalmente amosou o seu agradecemento a todos os que fan posible o certame, desde os seus organizadores ata cada un dos integrantes destas agrupacións musicais.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada