Presentación da ópera ‘La Tribuna’ na antiga Fábrica de Tabacos, sede da Audiencia Provincial da Coruña

La-TribunaA actual sede da Audiencia Provincial da Coruña, a antiga Fábrica de Tabacos, acollerá mañá xoves, 11 de xaneiro de 2018, ás 20 horas, a presentación do libreto La Tribuna, adaptación operística da novela homónima de Emilia Pardo Bazán, escrita por Javier Ozores e musicada por Gabriel Bussi.

No acto intervirán o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas Sobreira; o presidente da Real Academia Galega e director da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, Víctor F. Freixanes; o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro; o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; a condesa de Pardo Bazán, Carmen Colmeiro, e os propios autores do libreto. Na parte musical, interpretarán pasaxes da ópera a soprano Teresa Nóvoa e a pianista Haruna Takebe.

La Tribuna (1883) é considerada a primeira interpretación literaria do mundo laboral e feminino en España. A historia ten como protagonistas ás cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña e á Marineda de Pardo Bazán, que foron parte da elite do proletariado fabril galego.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada