Un total de 466 mozos galegos reciben apoio de Medio Rural para incorporarse ao agro na convocatoria de 2017 Escoitar

No caso das pequenas explotacións, este ano quintuplicáronse os beneficiarios ao chegar aos 154 expedientes aprobados.

FEITOS.VIVEIROS.OURENSE 28/8/00 YOLANDAO Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe dúas resolucións da Consellería do Medio Rural polas que se dá publicidade ás axudas para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións. No que respecta á primeira delas foron 466 as solicitudes aprobadas na convocatoria de 2017, todas as que cumprían os requisitos. O orzamento total é de 14,92 millóns de euros e, polo tanto, a achega media por beneficiario supera os 32.000 euros.

No caso das pequenas explotacións, este ano quintuplicáronse os beneficiarios ao chegar aos 154 expedientes aprobados. Neste caso a asignación é fixa, de 15.000 euros cada un, polo que se investiron nestas achegas 2,3 millóns de euros.

As través desta orde, unha das máis destacadas da consellería polo seu impacto social, garántese, dunha banda, a remuda xeracional no agro galego e, doutra, a viabilidade das pequenas granxas que dan vida ao rural.

SECTORES

Por orientacións, o sector lácteo é o máis beneficiado, especialmente no caso das pequenas explotacións xa que reúne o 71% dos expedientes aprobados e seguido moi de lonxe polo ámbito da horta cun 15%. No que se refire á incorporación de mozos, case o 32% o fai ao sector lácteo e o 26% ao vacún de carne. Por provincias, Lugo consolídase como a primeira por número de expedientes aprobados, 194 no caso dos mozos e 98 nas pequenas explotacións. En total a provincia faise con 7,5 millóns de euros.

Esta orde de axudas complétase coas subvencións para melloras en explotacións agrarias que conta cun orzamento de preto de 40 millóns de euros e da que a súa resolución tamén sairá proximamente no DOG.

(Enlaces ao DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180112/AnuncioG0426-181217-0012_gl.html
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180112/AnuncioG0426-291217-0003_gl.html)

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada