Ábrese o prazo para solicitar as axudas de transformación e comercialización de produtos agrarios

Potatoes on Market StallA Consellería do Medio Rural abre mañá o prazo de solicitude das axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, tal e como recolle hoxe a orde que publica o Diario Oficial de Galicia. Esta convocatoria conta cun orzamento de 29,1 millóns de euros que está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

A esta liña de achegas poderán acollerse os empresarios individuais ou sociedades que realicen actuacións como a construción, adquisición e mellora de bens inmobles e a compra de maquinaria e equipamentos novos, incluídos os programas informáticos e os soportes lóxicos. O fin último é crear unha nova industria agroalimentaria ou mellorar as xa existentes.

Estas achegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, pretenden fomentar a creación, ampliación e modernización das industrias agroalimentarias galegas

Ao tratarse de grandes obras, esta liña de axudas ten carácter plurianual. Así, para as anualidades do 2018, o presuposto é de 11,6 millóns, para o 2019 a cantidade é de 14,5 millóns e para 2020 a contía ascende a 3 millóns de euros. De feito, a orde ten por finalidade incentivar os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e comercialización de produtos agrarios, sendo o investimento mínimo realizado polo solicitante de 60.000 euros. Non serán auxiliables os investimentos no sector do viño xa que contarán cunha liña de axudas específica financiada con fondos comunitarios a través dos programas de apoio ao sector vitivinícola.

PRAZOS

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria será dun mes contado a partir de mañá, día seguinte ao de publicación desta orde no DOG. Porén, os que precisen entregar a preceptiva licenza de obras no caso de que a inversión inclúa a construción de novas superficies cubertas ou a ampliación das existentes, así como para a presentación do informe favorable de avaliación ambiental, terán un prazo de ata tres meses para presentar estes documentos.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada