Un produto que aínda está pendente de lanzar ao mercado

Freshcut desenvolveu un novo produto de pementos de padrón prefritos para comercializar nun envase para microondas listo para quecer

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou hoxe a empresa viguesa dedicada á produción e comercialización de produtos elaborados a partir de froitas, verduras, hortalizas e legumes baixo a marca Galifresh.

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou hoxe a empresa viguesa dedicada á produción e comercialización de produtos elaborados a partir de froitas, verduras, hortalizas e legumes baixo a marca Galifresh.

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, xunto co delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá a empresa viguesa Freshcut, dedicada á elaboración e comercialización de produtos de IV e V gama saudables e fáciles de consumir a partir de froitas, verduras, hortalizas e legumes.

A empresa Freshcut, do grupo Frutas Nieves, conta actualmente cunha axuda do programa Innova Peme da Consellería de Economía, Emprego e Industria para implementar un plan de innovación que contribúa a aumentar a capacidade innovadora da empresa, diversificar as súas liñas de desenvolvemento e incrementar a competitividade e a expansión internacional da empresa.

Para impulsar a innovación entre as pequenas e medianas empresas lanzouse en 2017 o programa Innova Peme, do que se beneficiaron 49 pemes e micropemes, cun investimento total de 4,7 millóns de euros que permitirán mobilizar 9,5 millóns de euros e crear ou manter 263 postos de traballo.

Na visita tamén participaron o xerente da empresa, Eusebio Méndez; o CEO da empresa, Ramón Navarro; así como o secretario xeral do centro tecnolóxico ANFACO -que colabora na implementación deste plan de innovación-, Juan Manuel Vieites; e o coordinador científico-tecnolóxico do mesmo, Roberto Alonso.

Argerey destacou o interese da Consellería de Economía, Emprego e Industria en visibilizar o esforzo que están a realizar as pequenas e medianas empresas -e non só as grandes compañías- para ser máis competitivas a través da innovación. E puxo como exemplo Freshcut, empresa nada en 2012 para adaptarse ás necesidades do mercado cunha clara vocación innovadora, ademais de comprometida socialmente (máis do 80% do seu persoal ten algunha discapacidade).

A directora de Gain destacou tamén a importancia da innovación colaborativa, como a que mantén neste caso Freshcut co centro tecnolóxico Anfaco-Cecopesca e que se fomenta desde a Administración autonómica a través da orde de axudas de Innova Peme. De feito, o 90% das empresas beneficiarias do programa colaboran con algún organismo de investigación na implementación dos seus plans de innovación.

O plan de innovación de Freshcut encaixa cos obxectivos da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), por un lado, co reto 3, que ten como unha das prioridades a innovación en nutrición como elemento clave para un modelo de vida saudable -Galifresh promove a alimentación sa, emprega produtos 100% naturais e traballa no desenvolvemento de produtos adaptados ao ámbito hospitalario e xeriátrico- e, por outro lado, co reto 1 que persegue a modernización dos sectores primarios galegos a través da xeración de produtos innovadores. Neste senso, Freshcut mantén acordos con diferentes cooperativas agrícolas galegas para a explotación dos seus produtos.

A participación de Freshcut en Innova Peme non foi a primeira incursión da empresa nos programas de apoio á innovación da Axencia Galega de Innovación. En 2015 participou na primeira edición da aceleradora Agrobiotech Innovación, promovida en colaboración con Tecnópole, para potenciar o crecemento de pemes innovadoras galegas dos sectores da biotecnoloxía, biomasa e agroalimentación. Como resultado desta participación na aceleradora de innovación, Freshcut desenvolveu un novo produto de pementos de padrón prefritos para comercializar nun envase para microondas listo para quecer, un produto que aínda está pendente de lanzar ao mercado.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada