‘Dos más dos’, con María Castro e Daniel Guzmán, en Vigo

Miren Ibarguren e Álex Barahona completan o elenco desta obra.

Miren Ibarguren e Álex Barahona completan o elenco desta obra.

Comeza a Tempada de Teatro de xaneiro a xuño de Afundación, a Obra Social de ABANCA. A obra encargada de abrila é Dos más dos, protagonizada por María Castro, Daniel Guzmán, Miren Ibarguren e Álex Barahona que se poderá ver o vindeiro venres 26 de xaneiro no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) e o sábado 27 no auditorio da Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2), en ambos os dous casos ás 20.30 h.

As entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com para todas aquelas persoas que non adquirisen un abono de tempada, que supón un aforro do 20 % con respecto ao importe das entradas soltas.

Esta obra é a adaptación teatral da película homónima arxentina que foi todo un éxito no ano 2012. Relata a historia de Adrián e Julieta, Tomás e Silvia, dúas parellas de amigos de toda a vida que ao achegarse aos corenta xa conseguiron o éxito profesional e persoal. Adrián e Julieta están felizmente casados desde hai anos e teñen un fillo preadolescente. Tomás e Silvia preferiron non casar nin ter fillos e gozan da súa vida en parella os dous sós.

Unha noite de celebración, Tomás e Silvia cóntanlles aos seus amigos que practican o intercambio de parellas e que lles encantaría compartir esa práctica con eles. O que parece unha confesión inocente acaba desestabilizando por completo o matrimonio, xa que lles obriga a facer fronte á falta de paixón na que viven mergullados desde hai anos. Ao ver a química que teñen os seus amigos, Julieta decide non resignarse e loitar por recuperar esa faísca con Adrián. E para iso, entre os tres, tratarán de convencelo de que se lance a esta aventura. O que ningún imaxina son as consecuencias.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada