O plan Galicia Innova 2020, a través da innovación e cun investimento de 1775 millóns

Un científico trabajando con unos componentes en un laboratorio.

Un científico trabajando con unos componentes en un laboratorio.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves, na rolda de prensa do Consello, a posta en marcha do Plan Galicia Innova 2020 para, a través da innovación e cun investimento de 1775 millóns, impulsar a actividade económica e industrial e xerar máis emprego.

Logo de precisar que Galicia investirá en innovación ata 2020 un 35% máis que no período anterior, Feijóo salientou que este plan se marca tres grandes retos á hora de definir un crecemento baseado na innovación: poñer en valor o coñecemento científico-tecnolóxico; mellorar a transferencia do coñecemento entre os investigadores, as empresas e o sociedade; e procurar un retorno para o investimento que se realice en innovación.

Cara a esta tripla meta, o presidente da Xunta precisou que o Galicia Innova debuxa tres grandes áreas de acción para o desenvolvemento da I+D+i.

Na primeira área, a xeración e transferencia de coñecemento especializado. Nesta liña reforzarase a investigación en sectores clave como a industria intelixente, a biotecnoloxía, a sanidade ou a aviación civil non tripulada.

Sobre a segunda área, referida á captación e retención de talento innovador, Feijóo avanzou a posta en marcha de accións para fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas e para impulsar que as novas empresas con grandes ideas poidan acceder ao financiamento.

Por último, e en relación ao terceiro eixo de actuación, centrado na innovación nas empresas, o titular da Xunta aseverou que o Plan Galicia Innova porá especial atención nas pequenas e medianas empresas.

Para desenvolver o Galicia Innova, a Xunta seguirá avanzando, ademais, cara a un modelo de Hubs de Innovación Dixital, estruturas que permitirán agrupar, ordenar e especializar a I+D+i en ámbitos estratéxicos para a Comunidade. Estes hubs estarán integrados por centros de investigación, pemes, grandes empresas, incubadoras, universidades, clústers, asociacións sectoriais, inversores e a propia Administración pública, coa misión de sacar o máximo partido do potencial innovador de Galicia.

Feijóo concluíu aseverando que, con este plan, Galicia aspira a incrementar un 10% máis de traballadores ligados á I+D+i, un 15% máis de empresas innovadoras e un 20% máis de investimentos privado en innovación.
Pola súa banda, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou que grazas á capacidade de Galicia para anticiparse aos novos retos e crear unha cultura innovadora “hoxe temos a infraestrutura necesaria para xerar coñecemento de valor e convertelo en solucións con capacidade de competir no mercado garantindo o retorno e a sustentabilidade do sistema de I+D+i”.
Conde tamén incidiu en que o novo Plan Innova Galicia 2020 prestará especial atención ao traballo investigador, que é o pilar fundamental da innovación, é as persoas, especialmente ao desenvolvemento do seu talento e ao apoio para a xeración de coñecemento.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada