A Estación Vitivinícola e Enolóxica de Galicia colabora con Xantar

Esta colaboración foi ratificada mediante un convenio asinado polo director da EVEGA, Juan Manuel Casares, e a directora adxunta de Expourense, Emma González.

Esta colaboración foi ratificada mediante un convenio asinado polo director da EVEGA, Juan Manuel Casares, e a directora adxunta de Expourense, Emma González.

A Estación Vitivinícola e Enolóxica de Galicia, EVEGA, súmase a Xantar 2018 en calidade de entidade colaboradorae liderará parte das actividades vencelladas co viño que se van impartir dentro do 13º Encontro Internacional sobre Gastronomía Saudable e Sostible que se celebrará entre o 31 de xaneiro e o 4 de febreiro. Esta colaboración foi ratificada mediante un convenio asinado polo director da EVEGA, Juan Manuel Casares, e a directora adxunta de Expourense, Emma González.

A EVEGA contará cun aula propia na que impartirán dous obradoiros sobre “Defectos do Viño. Novos procesos de detección e corrección”. Un será sobre viño tinto (xoves 1 de febreiro ás 18.30 h.) e outros sobre branco (venres 2 de febreiro ás 18.30 h.). O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer os múltiples procesos físicos, químicos e microbianos do viño durante os que existe perigo de que se xeneren alteracións que abranguen as súas características organolépticas. Esta actividade está orientada, preferentemente, a paneis de cata dos consellos reguladores, enólogos, sumilleres, viticultores e adeguieros. Esta actividade formativa é de carácter gratuíto pero precisa de inscrición previa no mail marketing@expourense.org ou chamando ó 988 366 030.

A EVEGA tamén liderará as catas comentadas dos viños premiados na Cata Oficial de Galicia 2017 e contará coa colaboración da Asociación Galega de Catadores (AGE). A cata de tintos será o xoves ás 20.30 e a de brancos o venres tamén á mesma hora. Estas actividades son de acceso libre e gratuíto.

Por outro lado, a EVEGA impartirá na súa sede, ubicada en Leiro, cursos de capacitación sobre viño galego aos instrutores e alumnos do Instituto Nacional de Formación Profesional e Desenvolvemento Humano (INADEH) de Panamá que participarán en Xantar representando ao seu país. Terá a oportunidade de coñecer polo miúdo este centro estratéxico para o sector vitivinícola galego.

A AVEGA ten a finalidade de impulsar o sector vitivinícola galego. É a segunda estación enolóxica máis nova de España pero a máis completa en atribucións, asume como misión esencial fomentar o desenvolvemento tecnolóxico do sector vitivinícola galego a través da investigación aplicada, do asesoramento a viticultores, adegueiros e embotelladores e da realización de actividades formativas.

A EVEGA acubilla a colección da variedades autóctonas máis completa e antiga de Galicia; un banco de xermoplasma que evita a extinción das mesmas, contribúe ao mantemento da biodiversidade e garante un reservorio do patrimonio xenético vitícola dos galegos.

 

Ao mesmo tempo é o único viveiro seleccionador oficial de Galicia cuxo obxectivo é a posta a disposición do sector de material certificado con garantías varietal, xenética e sanitaria.

A EVEGA tamén contribúe á formación dos futuros profesionais a través de convenios con centros de formación profesional, desenvolvemento dos períodos de prácticas curriculares e o adestramento de bolseiros.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada