Ás 12.00 horas na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago

O musicólogo Rossell presenta o documental que recolle a reconstrución musical ‘El Cantar de Mio Cid’

Antoni Rossell, autor e intérprete da música de 'El Cantar de Mio Cid',

Antoni Rossell, autor e intérprete da música de ‘El Cantar de Mio Cid’,

A Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares organiza un acto centrado na música de El Cantar de Mio Cid, a primeira manifestación épica que se conserva en lingua castelá. O profesor de Filoloxía Románica da Universitat Autònoma de Barcelona Antoni Rossell presentará o documental no que realizou a reconstrución musical do Cantar. Será ás 12.00 horas na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago.

Antoni Rossell é un recoñecido musicólogo, experto na música da Idade Media, que tamén interpreta. A través do documental e as explicacións do profesor poderemos coñecer como era a música do Cid e como se interpretaría na época. O autor cantará ademais algún fragmento desta obra e logo haberá un coloquio para afondar na relación entre o texto e a música en El Cantar de Mio Cid.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada