A Xunta abre o prazo para solicitar a prestación económica por fillos menores de tres anos Escoitar

La investigación, realizada por un grupo de expertos del Nationwide Children's Hospital, muestra que experiencias como el amamantamiento y el contacto con la piel de la madre están asociadas con respuestas cerebrales más fuertes.A Xunta de Galicia publica este mércores no Diario Oficial de Galicia a orde para a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2018.

Deste xeito, aquelas persoas que con data de 1 de xaneiro de 2018 teñan ao seu cargo menores de tres anos (nados entre o 02/01/2015 e o 01/01/2018 incluídos) e que nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF correspondente ao ano 2016, terán dereito a percibir unha prestación que consistirá nun pagamento único de 360 euros pola primeira filla ou fillo, de 1200 euros pola segunda ou segundo e de 2400 euros polo terceiro e sucesivos.

Tamén poderán beneficiarse desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2016 e o 31 de decembro de 2017.

Ademais, en todos os casos, as persoas proxenitoras deben ter a súa residencia habitual en Galicia e na data da solicitude, os nenos e nenas deben convivir coa persoa solicitante.

A concesión da axuda efectuarase sen fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos e o prazo para resolver estas axudas é de 5 meses desde o día seguinte ao da data en que a solicitude teña entrada no rexistro para a súa tramitación.

O prazo de presentación das solicitudes establécese entre o 1 de febreiro e o 21 de marzo de 2018. Estas presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Tamén poderán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

No 2017 outorgáronse máis de 3.100 axudas por un importe de 3,4 millóns de euros. Cómpre destacar que esta medida forma parte do Programa de Apoio á Natalidade (PAN) que a Xunta de Galicia puxo en marcha no ano 2015 co obxectivo de garantir o benestar das familias a través dun apoio continuo e integral desde a chegada dun fillo ou filla.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada