A Xunta súmase á recepción ás confrarías gastronómicas e enófilas internacionais dentro dos actos de Xantar

confrarias1A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, asistiu esta maña á recepción ás Confrarías gastronómicas e enófilas internacionais, ofrecida no marco da 19ª edición do Salón Internacional de Turismo gastronómico-Xantar 2018. Neste acto participaron máis de 40 confrarías achegadas desde 7 Comunidades autónomas de España, e de Francia, Ecuador, México e do país convidado da edición deste ano, Portugal.

Na súa intervención, Díaz Mouteira resaltou a importancia deste evento e aludiu ao labor que desenvolven estas entidades e a súa contribución á conservación da cultura e a tradición gastronómica. A delegada territorial subliñou o “enorme potencial confraternizador da gastronomía, que é un dos máis importantes recursos turísticos que temos en Galicia” e referiuse ao Plan de Enogastronomía que está a elaborar Turismo de Galicia e que vai ser presentado nos próximos meses.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, asistiu esta maña á recepción ás Confrarías gastronómicas e enófilas internacionais, ofrecida no marco da 19ª edición do Salón Internacional de Turismo gastronómico-Xantar 2018.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, asistiu esta maña á recepción ás Confrarías gastronómicas e enófilas internacionais, ofrecida no marco da 19ª edición do Salón Internacional de Turismo gastronómico-Xantar 2018.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada