A Xunta inviste 206.000 euros na conservación e mellora dos edificios e dos exteriores das illas de san Simón e santo Antón

As illas, situadas na enseada da ría de Vigo, teñen a consideración de Ben de Interese Cultural (BIC) coa categoría de sitio histórico desde o ano 1999.

As illas, situadas na enseada da ría de Vigo, teñen a consideración de Ben de Interese Cultural (BIC) coa categoría de sitio histórico desde o ano 1999.

A Consellería de Cultura e Educación acometerá diversas actuacións de mellora e de conservación en edificios e espazos exteriores das Illas de San Simón e Santo Antón, por valor de 206.000 euros. Situadas na enseada da ría de Vigo, dentro do munidicipio de Redondela, as illas teñen a consideración de Ben de Interese Cultural (BIC) coa categoría de sitio histórico desde o ano 1999.

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural formalizou o contrato de obras para a realización dos traballos de revisión, restauración e rehabilitación nas illas, segundo publica hoxe o Diario Ofcial de Galicia (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180201/AnuncioG0164-180118-0001_gl.html). As obras contemplan a revisión das instalacións dos edificios, a restauración das súas carpinterías exteriores, a reparación das cubertas de cobre e danos puntuais nas fachadas das construcións, o arranxo da pasarela e o falso teito da planta baixo cuberta do edificio de Cursos e Seminarios, o acondicionamento e mellora do edificio do Almacén-Viveiro, e a reparación da cuberta plana do Centro de Interpretación e Documentación.

O proxecto prevé, así mesmo, acometer o tratamento fitosanitario do paseo dos buxos, palmeiras e outras especies vexetais, que sufriron o ataque de insectos e fungos.

INCLEMENCIAS

Durante os últimos invernos a acción continuada do mar e diferentes temporais, sumado á acción de diversas especies de aves provocaron a entrada de auga e humidades nestas construcións, tanto no interior dos edificios, que teñen afectadas as carpinterías de portas e fiestras, como nos espazos exteriores, tales como pérgolas.

A consideración de BIC dos lugares onde se van realizar estas actuacións esixe unha especial protección para garantir a conservación destes bens pertencentes ao Patrimonio Cultural de Galicia.

 

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada